Os buxos galegos, en perigo

Unha nova praga xa matou a numerosas plantas na zona do Baixo Miño. Outra está a afectra aos castiñeiros.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 29/06/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro descubriron a presenza dunha nova praga que acaba de introducirse na Península Ibérica e que afecta seriamente ao buxo. Esta praga localizouse por mor das análises dunhas mostras desta planta ornamental en Tomiño e, tras unha inspección pola zona, comprobouse que o insecto está a afectar a varias zonas do Baixo Miño.

Larva que afecta a pranta do buxo
Larva que afecta a pranta do buxo | Fonte: Deputación de Pontevedra

De feito, en varias parroquias de Tomiño e O Rosal, esta praga rematou cos buxos ornamentais de numerosas vivenda. Trátase dunha Cydalima Perspectalis, unha bolboreta cuxas larvas comen as follas do buxo e pode chegar a matalo polo ataque á cortiza. Hai dous anos arrasou amplas áreas destas plantas en Basilea (Suíza) pero, até o momento, a súa presenza non se detectou nin en España nin en Portugal.

Este insecto procede de Asia e o método máis probable para introducirse en Galicia, segundo os técnicos, é o do comercio internacional, de forma que algunha persoa ou viveiro adquirise plantas en puntos nos que esta praga existe e agora se teña instalado en Galicia.

Os técnicos do Areeiro indican que os Cydalima Perspectalis detectada na provincia sería a primeira xeración de insectos e, por ese motivo, provoca menos danos. Con todo, a segunda causaría unha morte masiva das plantas, segundo indican.

Desde a Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomendan o tratamento a base de piretroides para frear a súa evolución porque, pola contra, suporía unha seria ameaza para as poboacións de boj tanto silvestres como en xardíns, moi habituais na provincia de Pontevedra.

Praga dos castiñeiros

Desde a Estación tamén se detectou a entrada, hai un mes, dunha nova praga forestal que afecta os castiñeiros. Segundo explicou o director da Estación de Areeiro, Pedro Mansilla, a praga procede de Xapón e foi detectada en Ourense.

O centro de investigacións que depende da Deputación de Pontevedra xa está a preparar, segundo o director, a solta de parásitos que, mediante a loita biolóxica, combaterán unha enfermidade que pode chegar a ser grave tendo en conta que Galicia é a primeira rexión produtora de castiñeiros de España.

Do medio colaborador Pontevedraviva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Enrique Sánchez

Eu teño a praga en Soñeiro (Sada, A Coruña). Pensei que eran fungos e hoxe vin os gusanos verdes. Hai centos. Teño parte dos setos de buxo moi secos.