Santiago escolle poeta para representar Galicia nun certame estatal de 'Slam Poetry'

A velada terá lugar este mércores no bar Riquela.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Santiago, cidade galega da poesía. Moito despois de que Miro Villar percorrera as rúas molladas da vella Compostela cos zapatos tamén mollados, nos locais e furanchos da capital seguen a agromar as palabras dos que riscan con máis ou menos sorte na antiga lira dos versos. 

Micrófono, velada de poesía e música
Micrófono, velada de poesía e música | Fonte: Skitterphoto-Pixabay

De aí que o próximo mércores 4 de maio Santiago acolla a final da IV tempada de Poetry Slam Compostela, unha xornada da que sairá o gañador deste certame que leva xa cinco veladas escollendo finalistas. Entre os participantes estarán Ademar Silvoso, Clarisa Mancini, Peter Brea, Miguel Ponce e Suturando Cicatrices, un grupo do que sairá un só para representar Galicia no encontro estatal de Poetry Slam España, no que participan trinta poetas de todo o territorio do Estado.

O evento, explican dende a organización, abrirá cunha actuación musical a cargo de Zeltia Irevire e terá lugar no coñecido Riquela Club, situado no número 35 da Rúa do Preguntoiro, en pleno corazón da Zona Vella. A admisión sae por 5€.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta