Un total de 63 persoas feridas en 50 accidentes de tráfico o pasado fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2022 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 63 persoas debido a 50 accidentes de tráfico rexistrados o pasado fin de semana na rede viaria galega. O sábado foi o día con máis sinistros, cun total de 26.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 6 de maio e as 23,59 horas do domingo 8 un total de 61 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 56. En concreto, as ambulancias realizaron 53 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres accidentes.

En 50 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións recibiron atención no lugar do sinistro sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 65 por cento e a de mulleres reduciuse ao 35%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos atendidos tiña entre os 25 e 39 anos.

A provincia da Coruña, con 22 accidentes, foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Pontevedra, con 17; Ourense, con seis; e Lugo, con cinco.

Persoal do 061 en Galicia.. URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061 - Arquivo
Persoal do 061 en Galicia.. URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061 - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta