Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 18:33
O Concello de Oleiros iniciou unha campaña informativa para denunciar problemas de seguridade viaria en varios puntos das estradas autonómicas do municipio. Nela, pódese ver unha imaxe na que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, é alcanzada por un vehículo.
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presentou esta campaña co obxectivo de reclamar medidas á Xunta que, segundo o rexedor, se nega a solucionar os problemas existentes. Entre outras actuacións, reclama a creación de beirarrúas, pintado de pasos de peóns ou ampliación de beirarrúas en distintos puntos do municipio de Oleiros, como o caso de Mera.
"A Xunta ten que asumir as súas competencias", asegurou o rexedor en referencia á Consellería de Infraestruturas, á que que acusa de "pasividade e inacción". Por iso, segundo dixo, procedeuse á colocación de paneis "satíricos" para chamar a atención, entre os que figura a montaxe dun suposto accidente con Ethel Vázquez alcanzada por un vehículo. Inicialmente, foron instalados na zona do Couto, en Dorneda, onde o consistorio reclama a creación dun paso de peóns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.