Morre un home de 66 anos en Teo cando realizaba arranxos na súa casa

Unha das hipóteses é que sufrise unha indisposición mentres pintaba a súa vivenda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Un home de 66 anos perdeu a vida este luns cando realizaba arranxos na súa casa, no lugar de Solláns, parroquia de Calo, no municipio de Teo. O accidente, que ocorreu cando o home estaba a pintar a súa casa, tivo lugar pasado un cuarto de hora das catro da tarde.

O Centro Integral de Atención ás Emerxencias avisou ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada por salvar a vida do home. Tamén foron alertados os axentes da Garda Civil, o GES da Estrada, Policía Local e o servizo municipal de Protección Civil.

Fontes dos equipos de emerxencias confirmaron a Europa Press que unha das hipóteses é que o home sufrise unha indisposición cando estaba a traballar encima da estada.

Sede do 112 / Axega 112  / Europa Press
Sede do 112 / Axega 112 / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta