Rompente, o grupo poético que marcou a cultura galega da Transición

Unha tese descobre textos inéditos deste movemento cultural con base en Vigo. Reixa, Avendaño e Romón foron os seus tres últimos integrantes.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/07/2014 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Unha tese doutoral desenvolvida polo investigador Alberte Valverde, da Universidade de Vigo, sacou á luz textos inéditos do grupo poético Rompente, unha iniciativa que xurdiu en 1975 a modo de revulsivo para dinamizar o campo literario galego da Transición e que rompeu coa poesía e a cultura que até entón se desenvolvía en Galicia.

Antón Reixa nos tempos de Rompente
Antón Reixa nos tempos de Rompente

A investigación, que iniciou en 2005 baixo a dirección do doutor Burghard Baltrusch e que agora ve a luz, ten como obxectivo "profundar na historia do grupo". Valverde destaca deste colectivo, "intimamente ligado á cidade de Vigo", a súa consolidación no campo literario galego como "unha experiencia singular" que con todo, tras a súa disolución e co paso dos anos, "foise esquecendo", lamenta.

"Coa chegada de Rompente sentan as bases dun discurso que ten a vangarda como núcleo e a experimentación como praxe e foi, precisamente, a vangarda o elemento vertebrador dun grupo xurdido nun momento crucial da historia de Galicia: a Transición", apunta.

Para entender Rompente hai que ter en conta o seu contexto político e cultural; a lectura der Teima, coñecer os conflitos de Ascón, entender o concepto subproletariado formulado por Xosé Manuel Beiras ou aproximarse a diferentes lecturas do marxismo da época.

En 1983, coa disolución do colectivo, Rompente descomponse nas figuras do seu tres últimos integrantes: Antón Reixa, Avendaño e Romón.

Agora, recoñece que o seguinte chanzo pasa por crear un espazo oficial na rede no que facer accesible todo o material investigado "gran parte aínda inédito", unha tarefa que fará en colaboración con Burghard Baltrusch no marco dun proxecto sobre poesía actual nos espazos públicos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ladillas do travestido

Algún pasou do marxismo leninismo, pensamiento Mao Ze Dong, a comisionista de gran parte dos programas da TVG cando nela dicían que gobernaba o bipartito. E xa sabemos o que é ser comisionista. E, isto, pode ser, un poema deses tan malos que escribían os de Rompente.

3 Amado Carballo

A Galiza Caníval continúa. Un saúdo carñoso para Alfonso Pexegueiro que tivo que marchar para Barcelona para non morrer de fame. Ogallá teñas vividos uns anos cheos de felicidade persoal fóra deste ermo, onde ningún poeta auténtico será ben recoñecido mentres viva. O xudeocristianismo está detrás de todas as miserias, materiais e culturais. Un saúdo desde o mar.

2 Amado Carballo

O grupo Rompente estaba formado por Antón Reixa, Alfonso Pexegueiro, Alberto Avendaño, Manuel Romón e Camilo Valdeorras. Este colectivo publica en 1978 o libro “Silabario da turbina”. Unha clara idea de transgresión marca a poesía deles que se materializa noutros títulos como “As ladillas do travestí” de A. Reixa, Galletas kokochka non” de M.M.Romón e “Facer pulgarcitos tres” de A. Avendaño.

1 Amado Carballo

(cont.) A primeira publicación foi un librño feito con multicopista, cheo de poemas poítico-maoistas, a maioría infumables, no que xa destaca a excepción do grupo:PEXEGUEIRO, que tivo que irse para o exilio de Barcelona a vivir porque a maioría dos "aprofillados" de Ferrín remataron tirados. Reixa foi sempre un si soubo saír airoso de todo, era e segue a ser un listillo, mal poeta e mal músico. A poesía de Pexegueiro si foi rupturista e de calidade, "Seraogna".