Traballadores e auxiliares de Ence agradecerán o apoio do Porto de Marín nunha manifestación

A Autoridade Portuaria ten en marcha a solicitude de adscrición dos terreos de Lourizán que ocupa a empresa.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 24/05/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O comité de oficinas centrais de Ence Pontevedra, a Sociedade para o Emprego Forestal, Rural e Industrial da Celulosa (Seforcel), a Coordinadora de Traballadores Auxiliares Ence e a sección sindical de CC.OO. nesta empresa convocaron para este venres unha manifestación de "agradecemento" ao Porto de Marín.

Varias decenas de persoas protestan nunha manifestación dos traballadores de Ence, a 16 de xullo de 2021, en Pontevedra
Varias decenas de persoas protestan nunha manifestación dos traballadores de Ence, a 16 de xullo de 2021, en Pontevedra | Fonte: Europa Press

Segundo explicaron, esta mobilización, que arrincará sobre as 11,30 horas, consistirá nunha marcha a pé desde a fábrica de celulosas e ata a rada marinense para recoñecer á Autoridade Portuaria o "apoio que brindou ata o momento á continuidade de Ence en Pontevedra", tal e como explicou a presidenta do comité de empresa de Oficinas Centrais na planta, Ana Cedeira.

A Autoridade Portuaria de Marín ten en marcha a solicitude de adscrición dos terreos de Lourizán, que actualmente ocupa Ence, e os traballadores confían en que esta fórmula evite as tres sentencias da Audiencia Nacional que declaran nula a prórroga da concesión de Costas e permitirían que a pasteira continúe na ría de Pontevedra.

Cedeira reiterou que "se hai unha sentenza en contra, a única solución é a adscrición". "Se non, será o peche da planta", engadiu, culpando deste problema aos políticos, que son precisamente "quen teñen que resolvelo".

Neste sentido, sobre a posibilidade de que o expresidente da Xunta e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, poida chegar no futuro a encabezar o Goberno central, o representante de Seforcel, Antonio Taboada, indicou que o Estado "sería facilitador" da continuidade da pasteira en Lourizán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta