Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 13:47
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, instou a unha "gobernación multinivel" e maior "transparencia" na xestión dos recursos, dos gravames e dos ingresos que se obteñan por parte da administración que xestiona o ciclo do auga.
Formoso expresouse así na inauguración da xornada de debate sobre o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos, organizada pola Cátedra de Dereito Local da Deputación. O presidente da Deputación destacou ademais que o ciclo da auga é "un dos temas que máis preocupan aos municipios galegos desde hai décadas" e lembrou que mesmo a ONU, dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, sinala que a auga limpa e o saneamento "é un obxectivo imprescindible".
"Creo que o país do mil ríos necesita ter claro o seu modelo de xestión do ciclo da auga", apuntou, tras o que alertou dunha "unha formulación de proxecto de lei que está, dalgunha maneira, discutido por parte de axentes locais, tanto Deputacións como concellos".
Formoso abordou tamén a claridade na xestión dos recursos que xera a auga, gravados con canons que, por tanto, "requiren unha transparencia na asignación dos fondos e as infraestruturas". A este respecto puxo de exemplo a xestión do organismo provincial "que leva financiando co Plan Único no últimos catro anos 364 obras que deciden os propios concellos en base ao principio de autonomía local".
Recalcou ademais que o investimento de 50 millóns de euros "dá unha idea da magnitude que lle dan as localidades da provincia ao cumprimento normativo no ámbito do saneamento e o abastecemento da auga".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.