Unha festa para aproximar á esquerda e o nacionalismo

Ames Novo impulsa a Romaría, un evento festivo, cultural e político no que se presentou a proposta "Construíndo unha candidatura cidadá aberta". Nos actos políticos estiveron representantes de AGE, Anova, EU, Podemos, Equo, Espazo Ecosocialista, CxG e do propio Ames Novo.

Por Galicia Confidencial | Ames | 20/07/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

"Construíndo unha candidatura cidadá aberta". Esa foi a proposta que realizou Ames Novo durante a celebración da Romaría, un evento festivo, cultural e político que se celebrou este sábado neste concello.

Logo o xantar de confraternidade hou unha serie de actividades de lecer para crianzas e adultos, e tamén un coloquio con destacados representantes das diversas forzas da esquerda política. Á tardiña os asistentes desfrutaron co concerto conxunto Uxía e Narf “As Baladas da Galicia imaxinaria”.

"O propósito da Romaría é ser un espazo de encontro da veciñanza de Ames e un lugar de encontro de todos os movementos que apostan por un tempo novo na política municipal", suliñaron os seus impulsores.

No acto político da mañá interviron Pilar Candocia, Portavoz de Ames Novo e representantes de diversas organizacións políticas; Lidia Senra, eurodeputada candidata de AGE en Europa; Antón Sánchez, deputado galego e responsable de acción institucional de Anova; Xoan Bascuas, secretario xeral de Compromiso por Galicia; Angel Montero Campos, covoceiro de Equo Galicia; Xoán Hermida coordinador nacional do Espazo Ecosocialista Galego; Xabier Ron deputado galego, secretario de movementos sociais e membro da executiva de Esquerda Unida.

Xa pola tarde celebrouse un coloquio sobre "Concellos: participación cidadá, confluencia e transformación política" no que se falou sobre o novo escenario das eleccións municipais na confluencia das forzas de esquerdas e o protagonismo cidadán nas mesmas. Neste evento estiveron presente Martiño Noriega, coordinador nacional de Anova; Xoan Bascuas, secretario xeral de Compromiso por Galicia; Angel Montero Campos, covoceiro de Equo-Galicia; Bernardo Lorenzo Cuetara, vicecoordinador de acción electoral e política municipal do Espazo Ecosocialista Galego; Xabier Ron deputado galego, secretario de movementos sociais e membro da executiva de Esquerda Unida e Daniel Fernández Blanco do equipo de traballo elixido para a organización da Asemblea de Podemos en outono de 2014.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Betanceiro

Faltou NOS-UPG e a CIG que seguen no seu camiño cara ó burato

1 Faite ilusions

Pero ti pensas que os que foron lle van pagar a escote o taxi á transfuga iluso.

7 Bikii

Que festuqui máis molona! Por sorte esta tropa gafapasta-marxista-bandullista nunca gobernará jaja porque íamos apañados! :) Hai algún que traballara algunha vez, digo un traballo de verdade...?

6 Hames Nobo

Día del orgullo tránsfuga! A ver se pillamos coche oficial para a Pilarín, que outra vez 10.000€ en taxis xa non vai colar. E se de paso caen unhas oposicionciñas amañadas, mellor que mellor. Que as do Consorcio houbera que abortalas antes de tempo cando se descubriu o petate.

5 :( :(

Não entendo o titular :( Não era que o nacionalismo galego era maioritariamente de esquerdas?

4 Camelo farlopeiro

Un grande día camaradas da esquerda e do nacionalismo. Vendín toda a mercancía

1 León

Garda algo para o Festigal!!