A "maioría" que quere cambiar as cousas en Galicia

Presentan un manifesto no que piden a presentación de candidaturas unitarias nas municipais que agrupe á “inmensa maioría" das persoas e organizacións democráticas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas, que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión”. Así comeza un manifesto que se presenta este martes e que ten coma lema “somos maioría”.

Inicio da protesta en Santiago para rodear a Cámara galega
Inicio da protesta en Santiago para rodear a Cámara galega | Fonte: Juan Fajardo

Precisamente, o seu obxectivo é promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, “subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”.

Estas candidaturas terían que estar integradas por “cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía” e con programa con principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego. “Unha proposta coma esta ten sentido para agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego, para, en primeiro lugar, desaloxar á corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso País”, recolle o texto.

Os seus impulsores insisten que o seu obxectivo é “promover de abaixo arriba” iniciativas cidadáns que permitan “apartar aos corruptos dos concellos e poñer no seu lugar á cidadanía”.

Este é o manifesto que xa está publicado en http://somosmaioria.org/ 

Manifestación a favor da República en Santiago coa participación de varias forzas e asociacións
Manifestación a favor da República en Santiago coa participación de varias forzas e asociacións | Fonte: Facundo Reyna

TEXTO DO MANIFESTO 

"Somos maioría …"

Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.

Porque somos maioría as persoas que non estamos dispostas a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade, moi principalmente da nosa lingua.

Somos maioría as persoas que pensamos que a orde social debe asegurarnos o dereito a un benestar e unha seguranza material mínima: a ter unha vivenda digna, a ter un traballo decente, a poder protexer a nosa saúde e o noso medio ambiente, a poder acceder ao ensino e á cultura.

Somos maioría as persoas que queremos aproveitar este momento de cambio para impulsar unha democracia avanzada, fundada nos valores republicanos da igualdade, fraternidade e liberdade.

Somos maioría as persoas que demandamos un grande entendemento galego para saírmos desta situación de empobrecemento, marxinación, e mesmo inanición polo ruín desgoberno que estamos a sufrir.

Somos maioría quen demandamos que exista unha alternativa de confluencia e unidade

que poña fin a este estado de regresión nos dereitos, liberdades e autogoberno.

… e temos que entendernos

Cando impulsamos este manifesto non queremos substituír a ningún partido e a ningunha organización. Só pretendemos, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social.

A unidade non é para nós un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos.

A nosa proposta

Sobre a base do que coidamos o común denominador da maioría social, defensa dos dereitos sociais como punto de partida para unha sociedade máis xusta, e do dereito da xente a decidir como parte esencial dunha democracia verdadeira:

- Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación

e emancipación.

- Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir da protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego. Unha proposta coma esta ten sentido para agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego, para, en primeiro lugar, desaloxar á corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso País.

Temos a certeza de que unha alternativa común coma esta pode ser amplamente maioritaria e protagonizar os cambios que Galiza precisa con urxencia.

Galiza xullo de 2014

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

19 De Lalín

Libeirados da CIG e lacaios da UPG, coñecidos na sua casa á hora de comer

18 Nova Orde Mundial

Disidencia prefabricada polas élites, para par vos útiles e zombies cibernéticos nascitizados da sociedade de consumo, cara unha nova orde mundial dun gobernó mundial orwelliano tipo 1984. Ecoloxismo de pequeno burgueses en bicicleta, ciudadanismo, feminismo burgués, LGBT de Chueca gallardoniano. interclasismo, antiobrerismo, antinacionalismo globalista disfrazado de falso internacionalismo etc. Individualismo, egoísmo, uniformismo disfrazado de falsa unidade. Molestan estados, nacións e nacionalismos. As riquezas son de quén as explotan, non dos pobos nin pobladores, pasa en Gaza, no leste de Ucrania, Venezuela, Irak etc. etc. Dopemos ao persoal, invita grupo Bildeberg.

1 Anonimouslalegión

Jajajajaja. Fracasados del hórreo y del porquiño, jajajaja. Si acabásteis metiendo a todos los vuestros y se os puso la boca fea de tanta almorrana que chupásteis. Jajaja Anda, vete a sachar!,

17 Leo Toral

Non cola!

16 Seriedade por favor

Cantos manifestos van xa? Os redactores non son capaces de unirse para facer un manifesto unitario e piden unidade?

15 ridículo

Que cachondos. A xente que asina é nacionalista, e o nacionalismo esmorece en Galicia, que os seus integrantes, os mais novos son xa cuarentóns sen que haxa renovación xeracional. Eu sosteño que o nacionalismo esmorece porque por debaixo dos 45 ano todo o mundo tivo profesores de galego, case que todos nacionalistas, o típico fulano fanático, cos seus rollos mitineros, que nas cidades lle fixeron a vida imposible a moitos rapaces --como o amosa que non sexan un modelo a seguir para os mais novos-- estes saben o leite que dan, etc. E nos pobos ninguén lles vai dar leccións de galeguidade e seguen a ser "os tolos do Bloque". En fin, que o nacionalismo está dando as boqueadas pero se amplifica como se fose algo, cando non é nada. Ridículo.

1 Nova Orde Mundial

jajajajjaja "Nacionalismo"? teño o teu permiso para pasarllo aos meus contactos coma un dos comentarios ghilip...do ano? Empeza o manifestó co lema da revolución francesa...igualdade, solidaridade (fraternidade) e liberdade? acaso non lembras que a revolución francesa foi burguesa e xacobina que deu no bonapartismo agresor, dictador, guerrista latricida e colonial (NWO)? "a culpa do que pasa é do nacionalismo galego" ti qué fumas? non é unidade, é uniformidade. Non é fronte ampla, é redil amplo para ovellas. Liberdade para ir traballar onde te manden. Un só gobernó mundial das élites, unha soa moeda, un só idioma e cultura (a do consumo capitalista), non hai fronteiras, pobos, nin seres humanos. Perdoa meu, pero eu son "viejuno" coma os vellos viños. Nacionalista, obreiro e internacionalista, quero aportar ao resto dos pobos o meu e a miña cultura e ser solidario nas suas loitas, non ser diluido nas masas a explotar.

2 ridículo

¿A quen queres enganar? Non hai nacionalismo pero falan de GaliZa, calquera coruñés identifica no foto publicada a un lote deles, falan de dereito a decidir e outras partidas. A colar milongas a casa da colhona. Este é un conto de tres botarates nacionalistas que non se resignan a que a xente non os queira, e se amplifican como se fosen algo, cando non son nada. Hala, abur ben hur.