Vegalsa-Eroski aposta polo medio ambiente e busca “residuos cero” na súa cadea de producción e distribución

Evitou a emisión de 11.500 toneladas de CO2 ao ano reducindo o consumo enerxético e uso de pláticos e un 25% as emisións de CO2 nos últimos cinco anos na súa cadea de suministro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2022 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Vegalsa-Eroski leva tempo no carro do mundo verde e, desde hai tempo, sumouse xa ao modelo das 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. Reducir a través do consumo enerxético, con novos modelos de supermercados. Tamén reducindo o uso de plásticos, con medidas que van desde o eco-packaging dos produtos frescos ou da comida lista para levar con materiais naturais como o cartón, papel ou cana de azucre, ao uso de alternativas de bolsas compostables ou a reutilización de envases loxísticos na cadea de subministración. Grazas a todas estas medidas evita a emisión de 11.500 toneladas de CO2 ao ano.

Supermercado de Vegalsa-Eroski. VEGALSA-EROSKI - Arquivo
Supermercado de Vegalsa-Eroski. VEGALSA-EROSKI - Arquivo

"Afortunadamente a batalla contra as emisións contaminantes de Dióxido de Carbono no noso sector incrementouse moito nos últimos anos.  Como parte do sector da distribución alimentaria, en Vegalsa-Eroski temos o propósito de que a nosa actividade xere o menor impacto no noso planeta e contribuír a facer deste mundo un lugar mellor, especialmente na nosa contorna máis próxima", apunta a directora de RSE e Comunicación, Gabriela González desde a empresa.

Neste compromiso verde, esta empresa tamén modificou o modelo e a planificación de todas as rutas para facelas máis eficientes. Por iso sumouse á iniciativa Lean & Green, a maior plataforma europea de colaboración especialmente dirixida a reducir as emisións asociadas á cadea de subministración.  Grazas aos obxectivos fixados a través Lean & Green, logrou reducir un 25% as emisións de CO2 nos últimos 5 anos na nosa cadea de subministración. 

ECONOMÍA CIRCULAR

Ademais, a empresa reutiliza a través dunha política de economía circular baseada no seu programa "Desperdicio Cero", co que evita o desperdicio alimentario en función do estado dos produtos. "Cando aínda son aptos para o consumo, facémolo a través de descontos por data de caducidade próxima que poden aproveitar os nosos clientes e con doazóns diarias de produtos frescos a entidades sociais", indica.  "Cando non son aptos para o consumo, dámoslles unha segunda oportunidade entregándoos a empresas especializadas encargadas de procesalos a través da loxística inversa.  Por exemplo, o pan e os iogures trátanse para obter fariñas; a froita e a verdura, destínase a alimentación animal, e a carne e o peixe, á obtención de graxas", engaden desde a empresa.

Punto limpo nos supermercados Vegalsa-Eroski
Punto limpo nos supermercados Vegalsa-Eroski | Fonte: remitida

Vegalsa-Eroski tamén aposta pola reciclaxe a través da autoxestión de residuos co seu programa "Desenvolvemento Sustentable. Residuo Cero" desde hai máis de 10 anos. "Aínda que queda moito máis por cambiar, sen dúbida este tipo de medidas son pequenos pasos para cumprir os compromisos ambientais de París, os ODS da Axenda 2030 e a última lei da Unión Europea que aspira a lograr en 2050 a neutralidade climática", recoñecen desde a compañía.

Por iso, Vegalsa-Eroski insiste en que seguirá traballando na medición da súa Pegada de Carbono e en novas medidas que contribúan a reducila. Así, lembra que, en 2021, a compañía alcanzou en tendas e plataformas o desperdicio cero de alimentos aptos para o consumo e xestionou ademais de forma responsable 12.400 toneladas de residuos no último ano. Ademais, puntualiza que, desde o punto de vista comercial, os novos modelos de tenda máis eficientes permítelles reducir o 35% do consumo enerxético.

TRANSPARENCIA

Doutra banda, Vegalsa-Eroski editou en 2020 a súa memoria anual de actividade de acordo cos estándares GRI (Global Reporting Initiative), certificada por AENOR. A compañía converteuse así na primeira do seu sector, en Galicia, que alcanza este logro e súmao á súa estratexia integral de Responsabilidade Social Corporativa.

Esta memoria ofrece, ademais dunha radiografía xeral da compañía, do seu equipo e rede comercial, indicadores económicos, ambientais e sociais. "Con esta memoria modelo GRI certificada por AENOR ofrecemos aos nosos grupos de interese información precisa, clara e fiable para a súa toma de decisións, así como que poidan coñecer e compartir as nosas preocupacións e compromisos de maior importancia", explica a directora de RSE e Comunicación, Gabriela González.

Global Reporting Initiative (GRI) é unha iniciativa orixinalmente emprendida polas Nacións Unidas, hoxe un organismo independente, que define os aliñamentos que deberían seguirse para elaborar informes sobre a xestión das organizacións sustentables

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta