A Democracia da Usura

Xúbilo e prosperidade para a banca. A compra de débeda polo Banco de Bruxelas acabará o 1 de xullo, e nese mesmo mes provocarase a primeira subida de tipos, do 0,25%. Estímase, para xolda e alegría da banca, que España peche 2022 cunhas obrigacións que representen o 120% do PIB, cos seus respectivos intereses a pagar á banca progresista. E soben os tipos de interese para as empresas e consumidores. Festa liberal bancaria.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 13/06/2022

Comparte esta noticia
“A usura é o cancro do mundo”, escribiu un tolo  ideológicamente perigoso chamado  Ezra Pound. O seu poema “Con usura” di: “Con usura/pecado contra a natureza,/é o teu pan para sempre  farapento,/seco como papel, sen trigo de montaña,/sen a forte fariña./Con usura se seareira a liña/con usura nada está no seu sitio/e ninguén atopa un lugar para a súa casa./O  picapedrero é apartado da pedra/o tecedor é apartado do tear/con usura/non chega lá ao mercado/non vale nada a ovella con usura./Usura é un parasito/madeixa a agulla en mans da doncela/e paraliza o talento do que fía.” 
 
Chégase a tal grao de progresismo  que hoxe a banca é acredora de 3,5 veces da riqueza que produce toda a Humanidade. Inexplicable para un extraterrestre ou para os humanos  de hai 4.000 anos. ¿Como é posible que a banca sexa dona polo triplo  de toda a humanidade?.  A usura é a natureza  do capitalismo, como o verme o é do cadáver. 
 
A loita contra a usura é constante na historia da humanidade. Así, a “lei  seisajteia” do ateniense  Solón, a “ lex  Gemicia” de  Justiniano. Co emperador Constantino os  usureros podían merecer penas que chegaban ata a morte. Hoxe é obvio que vence o progresismo liberal e a súa servidume, enmascarada pola súa Democracia de progreso  usurero.  
A liberal e progresista Revolución francesa e Ilustración consagran legalmente a usura. A partir do seu triunfo é o imposto dos bancos sobre os cidadáns: préstannos diñeiro que previamente depositamos nos seus liberais bancos, ou que fabrican  progresistamente por toneladas todos os días acotío,  e  tras  rocambolescos  mercadeos financeiros, especulativos e de alto nivel progresista, acábannos cobrando por iso,  vía intereses  usureros ou vía rescate estatal en activos, e sempre vía débeda pública. 
 
Concluímos cunha cita do mesmo escritor co que abriamos,  Ezra Pound: “Hoxe chámase democracia o que en verdade é  usurocracia ou  dinastocracia e refírese a unha palabra academicamente correcta, que significa o dominio dos prestadores de diñeiro”. Esplendor,   clímax do   progreso  liberal. É Democracia do presente en marcha, onde os cidadáns son servos.

Fachada do edificio do Banco de España situada na confluencia do Paseo do Prado e a madrileña rúa de Alcalá.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Fachada do edificio do Banco de España situada na confluencia do Paseo do Prado e a madrileña rúa de Alcalá.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA