Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 19/06/2022 | Actualizada ás 12:00
Avanzamos un chisco máis no artigo principiado na última entrega, referente ós xeitos de dicir que podemos ter en galego para lle dar a entender a alguén que non é precisamente o máis indicado para criticar ou censurar outra persoa ou un feito, na medida en que el mesmo peca do defecto censurado tanto ou máis cá persoa criticada:
Dijo la sartén al cazo && Dijo la sartén a la caldera
{= Paremias que se utilizan para lle dicir a unha persoa que ela mesma peca –e normalmente en maior grao– do mesmo defecto ou eiva de que está a falar ou que está a censurar.}
Díxolle o pote á caldeira
Díxolle o pote á tixola
Díxolle a tixola á caldeira
Díxolle a tixola ó pote
Díxolle a tixola ó cazo
[E MAIS]:
Díxolle o caldeiro ó pote
Díxolle a caldeira ó pote
Díxolle a pota ó caldeiro
Díxolle o pote ó pucheiro
Díxolle o pote á borralla
Ex.: —¡Todos los santos días va al despacho del profesor! ¡Mira que es pelotillero! —¡Dijo la sartén al cazo!
—¡Todos os santos días vai ó despacho do profesor! ¡Mira que é paraxismeiro! —¡Díxolle o pote ó caldeiro ‡ a pota ó caldeiro ‡ o cazo á cazola ‡ o pote á caldeira ‡ o pote á tixola ‡ a tixola á caldeira ‡ a tixola ó pote ‡ a tixola ó cazo ‡ o caldeiro ó pote ‡ a caldeira ó pote ‡ o pote ó pucheiro ‡ o pote á borralla!
● Tamén:
Cea/Céate atrás, que me luxas && Tírate alá, non me luxes
● E mais tamén:
Dijo el cuervo a la pega: “quítate allá, que eres negra” && Dijo la corneja al cuervo: “quítate allá, negro” && Dijo el asno al mulo: “tira allá, orejudo”
Díxolle o corvo á pega: “bótate alá, que es negra” && Díxolle a silva ó cardo: “zafa alá, que me rabuñas, bárbaro”
● E inda tamén:
Dijo el peine al tiñoso: “quítate allá, piojoso”
Díxolle o peite ó tiñoso: “tírate alá, piolloso”
● E mais tamén:
Sempre o forno lle chama/chamou ó muíño “queimado”, sendo el o máis aburado # sendo el o máis abrasado && O forno chámalle/chamoulle ó muíño “queimado”, sendo el o máis aburado # sendo el o máis abrasado && Sempre o lume lle chama/chamou ó muíño “queimado”
● E inda:
Entre todos la matamos
Salta, Pedro, do valado, que está Xan do outro lado
NOTAS:
1. Polo que respecta á paremia Díxolle a silva ó cardo: “zafa alá, que me rabuñas, bárbaro”, en principio entendemos que o verbo zafar terá máis a ver co significado de “pór sucio” ca co de “conseguir quedar libre”.
2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Garrido Palacios, Manuel: “Los 400 refranes recogidos en la aldea de Fonfría (Lugo)”. Tirado do url http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/los-400-refranes-recogidos-en-la-aldea-de-fonfria-lugo/html/
- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martínez Seixo [agora, Martíns], Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Saco y Arce, Juan A.: Literatura popular de Galicia. Ano 1881. Ed. de J. L. Saco Cid. Deputación Provincial de Ourense.
- Soto Arias, María do Rosario: Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 3, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.