Xunta e Deputación da Coruña coinciden en que sustentabilidade e eficiencia son claves no futuro enerxético

Así o destacaron a secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, Paula Uría, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a súa participación nunhas xornadas sobre enerxías renovables celebradas este luns en Santiago pola Real Academia Galega das Ciencias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2022 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Xunta e a Deputación da Coruña coincidiron en recetar sustentabilidade e eficiencia como claves para o futuro da sociedade, que deben apostar polas fontes renovables co horizonte no curto e medio prazos.

Así o destacaron a secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, Paula Uría, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a súa participación nunhas xornadas sobre enerxías renovables celebradas este luns en Santiago pola Real Academia Galega das Ciencias.

A responsable do Goberno autonómico presentou lsa principais liñas da nova axenda enerxética deseñada pola Xunta para o período 2022-24, que prevé un investimento público de 630 millóns para fomentar o consumo eficiente en fogares e centros de traballo.

Pola súa banda, o mandatario provincial reivindicou que Galicia ten potencial para ser "líder" en Europa de produción de enerxías renovables. "A rosa dos ventos é así de caprichosa e pódenos permitir liderar se así queremos asumir este papel", sinalou.

"Non é cuestión de ser os primeiros dunha competición, senón de que ese liderado se traduza en creación de emprego, de valor engadido no territorio, na retención de talento tecnolóxico que se está espallando por medio mundo", incidiu Formoso.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, Paula Uría, nunhas xornadas organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias. RAGC
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, Paula Uría, nunhas xornadas organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias. RAGC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta