O Concello de Pontevedra subvenciona á praza de touros con 47.500 euros

ANOVA pide ao municipio que goberna o BNG que cancele o convenio co empresario propietario do recinto.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/08/2014 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra desvelou esta semana que mantén un convenio de colaboración co empresaro propietario da Praza de Touros. O municipio que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) aporta 47.500 euros este ano, segundo un acordo asinado este verán.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

A cambio deste cartos, a empresa comprométese a ceder o recindo para eventos como a Cabalgata de Reis, a Feira Franca ou calquera evento que necesite o Concello, sempre que a compañía reciba aviso con antelación dabondo e as datas reservadas polo municipio non coincidan cos da Feira Taurina. 

Hoxe, membros de ANOVA Pontevedra presentaron un escrito no rexistro municipal. Nel reclaman que se retire o convenio. Os cartos públicos axudan a facer viábel economicamente as touradas en Pontevedra, aínda que seña de maneira indirecta, argumentan. Ademáis, acusan a Miguel Filgueira, concelleiro de Sanidade Animal, de "incoherente" por acudir a praza como membro dunha peña e militar nunha fronte, o BNG, que está en contra das touradas.

O colectivo Galiza Mellor sen Touradas tamén criticou a existencia do convenio e reclamará oficilamente que se retire. No texto do convenio establécese a posibilidade de renovar o acordo para o ano seguinte.

O BNG de Pontevedra apoiou recentemente a manifestación contra as touradas organizadas na capital do Lérez, malia a evidente aficción as touradas dun dos seus concelleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

21 Exportemos_PPsoeiros

Vedes? Un pouco de información aclara os puntos: Non son cartos que lles dan de balde aos "mataores" son cartos a cambio de poder empregar a praza noutros eventos. Agora o que fai falla é coñecer se custa máis ou menos que facer eses eventos na rúa, por poñer un exempro. Como sempre a turba PPsoeira e Gabicha unida para facer ver que o farían mellor que o BNG en Pontevedra. Oide, meus trolls PPsoeiros, se eso fora así, dónde hai unha cidade en Galiza millor xestionada que Pontevedra? Coruña?, Vigo?, Ferrol?. Non vedes o ridículo que facedes? E que dades risa, meus. Parvos serían os de Pontevedra se cambian de goberno vendo o que fixeron os demáis por aí adiante.

1 Alemán

En que rúa de Pontevedra se pode facer un espectáculo coma este? Por certo o público non paga entrada, como moitos dos espectáculos que organiza o concello de Pontevedra durantes as festas? http://paxinasgalegas.es/fiestas/FO...

2 Fora as touradas da nosa vila!

Claro. Toda a túa defensa é que o PP eo Psoe son piores. Moi ben Chaval, estou de acordo... e agora. Cando Pontevedra vai proibir as touradas ou como mínimo deixar de subvencionar de maneira xenerica a ínútil praza de touros?? E cando vas pedir a demisión do censelleiro Manuel Filgueira (de sensibilización ambiental, que manda cara..llo) por participar jaleando nas touradas. Cínicos!

3 Para_FATDNV

Xa, e todo o teu ataque e para o BNG. A ver, trollistas ppsoeiros, para cando una noticia sobre os 200.000 euros que inviste o PP nas touradas da Coruña? Para cando lembramos como contrataban xente os do Psoe no porto cando andaba nel o "Caballero"? Para cando falamos da estafa de Negreira en Sada? Para cándo deixamos o falar do capricho de Paco Vázquez chamado Nostián? Para cando falamos do desastre xeral do goberno do PP en Ferrol? Así que, sexa cal sexa a vosa excusa para criticar ao goberno de Pontevedra, fede coma bosta ppsoeira. Andamos no tempo das elecións e, claro, doe que exista un caso coma Pontevedra entre a desfeita que fixéches en Galiza os do PPsoe. Insisto: hai alguna alternativa millor para a celebración da Cabalgata ou da Feira Franca?

4 Para_alemán

Non sei se te entendo ben, estás a respostar? Non se pagan entradas nas touradas de Coruña? De quén é a praza?

20 tantotem

http://abordaxerevista.blogspot.com... A hipocrasía do grupo municipal do BNG (lembremos qu este partido levou á cámara galega a petición de declarar Galiza terra sen touradas), chega ao seu esplendor con un outro dos seus concelleiros: Miguel Filgueira Touriño, quen renegando do seu segundo apelido é un entusiasta da matanza de touros, de feito é membro de sempre da peña taurina veterana "GinKas". E non se pasaría nada polo feito de que un militante do BNG sexa protauromaquia (hai outros e outras que son pro-israelitas), mais o tema é que dito concelleiro é (como denuncia o "Gato Pirata" na súa web) o responsable da área do goberno local do Servizo de Transporte Público e Sensibilización Ambiental, e dentro das súas competencias está a sanidade animal, a canceira e os animais abandonados, e de feito muitas veces se refiren a él como Concelleiro de Defensa Animal !!!.

19 Baffe

O BNG non só está morto, senón que cheira a podre e bastante.

18 Rodrigo de Salceda

Os que comentan aqui, tratando de tapar as contradicions e meteduras de zoca do BNG de Pontevedra son uns covardes. Se son tan anti-taurinos e tan anti-españolistas que comecen unha campaña contra o concelleiro do BNG en Pontevedra, Miguel Filgueira, por ser un exemplo de barbaro nacionalista español dentro do BNG. Que poñan o seu nome, se se atreven, ou teñen medo a perder a merenda! E despois que lle esixan ao Lores a retirada de todas as axudas e facilidades aos promotores e empresa taurina da familia Lozano. Valentes, sairedes do cuvil quente? Ou seguiredes de taparrabos, escondendo as vosas miserias, sen dar a cara polo pais?

1 José

Que o espanholista e pro-taurino Miguel Filgueira esteja dentro do BNG é unicamente responsabilidade do BNG, de mais ninguem. Menuda estupidez que acabas de dizer...

17 Dade exemplo anovos

A praza de touros usase de praza de touros 4 dias ao ano como o Coliseo da Coruña. A diferencia é que o BNG lle retirou as subvencions aos touros en Pontevedra. A ver se son coherentes e piden que na Coruña se lle quiten para empezar as colaboracións ao Coliseo que foi construido de praza de touros. E Anova que empece cortando relacións coa organización taurina IU que subvenciona directamente touradas onde goberna. Canta hipocrisia.

1 A-nova e a-vella garda

Si, a diferenza benche sendo un Coliseo municipal frente a unha praza de touros privada. Os propietarios e potenciadores dos touros en Pontevedra recebeben axudas publicas do concello bloqueiro, alen de ofrecerlles espazos para publicidade. Hai que roelo! Na Coruña, co Coliseo municipal, houbo touros co Bng no poder, pois igual que os nomes das ruas, retirar os touros non era prioridade para o Bloque pactista e entreguista! E deixade de pensar que os criticos somos servos da marca branca do PcE, estades abovados, ser quinta forza traevos moitos problemas de mantenza, por iso doenvos ver publicadas as contradicions do Bng no poder. Ser vendepatrias ten os seus riscos, e vosoutros vendestes o povo galego barato demais!

2 Torito bueno

O Miguel Filgueira era de Anova ou do Bloque? Hai cargos minicipais de Anova en Pontevedra ou na Coruña? O coliseo coruñes ten outros usos, hai que adaptalo para praza, ten mais dias de touros que a praza de Pontevedra? O alcalde que fai convenios coa empresa promotora dos touros en Pontevedra de que partido ben sendo?... Antes de chamar hipocrita aos demais mirate ao espello!