Máis de 2.700 estudantes galegos realizarán, entre este martes e xoves, os exames da ABAU extraordinaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Un total de 2.748 estudantes galegos realizarán, entre este martes e xoves, os exámanes de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), que se celebran nas 15 comisións delegadas repartidas por Galicia.

Do total de matriculados, 1.544 son mulleres (56%) e 1.204 son homes (445). As probas comezarán ás 10,00 horas do martes co exame de Historia de España. Ás 12,00 horas será a quenda de Lingua Castelá e Literatura II.

A distribución por cidades será a seguinte: Vigo acollerá 616 estudantes, Santiago (579), A Coruña (483), Pontevedra (291), Ourense (242), Ferrol (183), Cee (24), Lugo (220), Viveiro (67), A Rúa (40). Ademais, tres estudantes farán probas no centro do ONCE de Pontevedra.

Unha primeira cualificación sobre 10 puntos, obtense sumando o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da media dos cinco exames que constitúen a fase obrigatoria. Para os alumnos de ciclos formativos, esta primeira cualificación é a media do seu expediente académico do ciclo. Ademais, pódese chegar a alcanzar 14 puntos examinándose de materias da denominada parte voluntaria, para o que se teñen en conta os denominados factores de ponderación para o acceso aos distintos graos universitarios. Do total das 2.748 persoas, 746 (27%) farán unicamente os exames correspondentes á parte voluntaria.

Varios estudantes, esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía. César Arxina - Europa Press
Varios estudantes, esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta