Vandalizan coas cores de España un letreiro en Santiago que lucía a bandeira LGBT+

O Concello de Santiago reivindica que este tipo de actos "non teñen cabida nunha cidade como Compostela".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Un letreiro que sinaliza a entrada na cidade de Santiago polo barrio de San Lázaro foi vandalizado coas cores da bandeira de España para substituír a insignia arcoiris que decoraba a sinalización desde o mes de xuño.

A sinalización, que dá a benvida á capital galega ás persoas que acceden á cidade na ruta que realizan os peregrinos polo Camiño Francés, está pintada desde o luns coas cores da bandeira de España.

Tanto este como outros letreiros indicativos de entrada na urbe compostelá estaban decorados desde mediados do mes de xuño cun fondo coas cores da bandeira arcoiris con motivo da celebración do Orgullo LGTBIQ+.

Letreiro vandalizado en Santiago
Letreiro vandalizado en Santiago | Fonte: Twitter Rubén Cela

O Concello de Santiago emitiu un comunicado no que manifesta o seu rexeitamento ao acto vandálico, rexistrado na madrugada do luns.  O executivo local informa de que o sinal xa foi limpado para restaurar o seu estado orixinal e reivindica que este tipo de actos "non teñen cabida nunha cidade como Compostela, caracterizada polo respecto á diversidade e a igualdade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

As bandeiras simbolizan cousas. A de España simboliza iso.

2 nostrus

Mezclamos todo, dejamos que el mundo homosexual se apodere de la palabra orgullo, pintamos las señales de tráfico cuando la ley dice que no se pueden pintar, ni con la bandera gay, ni con la española, ni con ninguna otra. Si para alguien ser homosexual puede ser motivo de orgullo, para otras puede no ser todo lo contrario, ¿o no?. Otra cosa muy distinta es el derecho que tenemos todos a vivir en paz y libertad sin que nadie se meta con nosotros. Tambien señalar que blasfemar para unos es libertad de expresion y para otros es una gran ofensa. Hay de todo.

1 Papuxa

Dos creadores da "Lengua común" a secuela " la bandera común"