O ronsel da ruína

As rancias mañas do franquismo sobreviviron, enquistadas en tódolos partidos, en ntodos. En tódolos sindicatos atoparon espazos. En tódalas institucións públicas exerceron a súa hexemonía. E prosperaron. E adaptáronse con admirable destreza aos novos tempos.

Por Xoán Vázquez | New Yersey, USA | 22/08/2014

Comparte esta noticia
Velaí a súa gran victoria. Victoria de usurpadores e vividores. Velaí na conivencia de alcaldes de aldea coas constructoras e promotoras, nas paradas puntuais nas múltiples marbelladas, nos inconmensurables ERE andaluces, nas impunes cacicadas baltarianas, nos Bárcenas; tamén na unanimidade parlamentaria daquela noxenta  lei de altos cargos. Velaí o ronsel da ruína. E agora, para aclararlle as cousas aos poucos que aínda puideran albergar dúbidas, velaí o patriotismo manifesto do “molt honorable”. Aquela Transición que o cambiou todo, non fondo non cambiou nada: á escola do ladrón rudo e brután, destinguido pola súa falsa bonhomía,  engadiuse estoura aínda máis falsa, de serios, finos, erguidos e refinados modais. E nós? Nós seguimos onde estabamos. Amarrados polos mesmos cabestros, guiados polos mesmos déspotas encamiñados aos mesmos precipicios. 
 
Perante tanta insidia e tanta desfeita calquera solución houbera sido un paso adiante. Calquera.  O triste e preocupante, o verdadeiro impedimento a unha solución contundente e impecable é que todo iso é extraordinariamente coherente, un reflexo directo da sociedade que fomos artillando, dos valores dos que nos fomos nutrindo, da ética coa que fomos labrando. Unha sociedade adoutrinada nos vicios vitalicios do vividurismos, allea, e aínda hostil, aos valores intrínsecos á meritocracia, que tamén os do Servizo Público. Unha sociedade alimentada coa comida lixo do politicamente correcto, onde o simple uso dunha palabra epicena produce urticaria e ataques de  rabia, desprezo e aínda odio. Neste país desnortado de “miembros y miembras” onde ata persoas que pola súa idade e formación están chamados a máis cordura, reducimos a modernidade a andar co cu ao aire e permitir que as nosas vilas costeiras se transformen en retretes onde os incívicos estranxeiros poidan defecar ás súas anchas comportamentos que nos países deles endexamais se atreverían a amosar. E a democracia reducímola a ese “@” símbolo do indefinido, do ambiguo, da podremia do relativismo. Ese “@”, vómito da ignorancia alfabetizada, é aceptado polas multitudes con entrega bovina, símbolo tamén dunha sociedade que na súa covardía disfrazada coas mascaras do politicamente correcto xa renuncia ata a falar claro. Ese falso igualitarismo é o escudo que protexe aos depredadores, carnada e comida lixo que vén encher o baldeiro que deixou a morte da meritocracia, a morte do Ser singular afirmado nas súas propias diferenzas, debilidades e fortalezas. A meritocracia é sinónimo de ética, de honradez e de decencia. Dorsal da democracia e do progreso. Antídoto contra esta ruín adicción ao vividurismo vitalicio. Non abrigo dúbidas que as sociedades que se subscriben aos valores da meritocracia e foxen do lixo do politicamente correcto están moi lonxe de acadar a xustiza, pero aínda son menos as dúbidas que me asaltan de que aquelas que os desprezan e subverten están sentenciadas á servidume,  á bicarlle os pés aos voitres traidores, baltares, bárcenas e “molt honorables”. Velaí a gran hipocrisía na sentenza do Baltar –que se ha repetir no caso Pujol-, nove anos de inhabilitación a un home xa inhabilitado, e ningunha acción para recuperar os cartos dos contribuíntes que están chupando os enchufados; ou sexa, senteza placebo que só persigue normalizar os estado criminal continuo e permanente. Máis comida lixo para mentes bovinas.
 
E entón, por que gardamos silencio perante tanto criminal aforado? Por que -entre outras- non están en chamas as sedes das institucións da deputación de Ourense e mailas da tan progre Junta de Andalucía? Porque este decadente desnorte deixounos convencidos de que a meritocracia é o punto oposto da igualdade e da solidariedade. O elitismo é moi malo!, e acabouse.  Diolo faga mellor ca de entre o de nós prevaleza o mérito, que xurda un Steve Jobs ou un Bill Gates, que as nosas universidades produzan patentes de sabenzas destinadas ao Nobel, desas patentes das que se pode soñar con empresas lideres nos eidos das ciencias e tecnoloxías, cos seus centos de miles de profesionais ben pagos e todo canto diso se pode derivar.  
 
Pois claro que o elitismo depredador é destructivo, terriblemente destructivo, case tan destructivo coma fomentar a cultura do mediocre chupón vividor, que xa é dicir. Velaí os andaluces ERE, a proliferación de Bárcenas, as mafias dos Pujol. Velaí tódalas voces que gardaban e gardan silencio perante tanta barbarie, porque algo chupaban ou ansian chupar. Velaí a xestión das caixas, con fillos, xenros e noras ben arrombados, coas súas Preferentes artimañas. Velaí tamén ese case 30% do de nós estragando os mellores anos da vida ao inferno do paro. 
 
Sentímonos incapaces de enfrontar ao inimigo, porque o admiramos, porque o envexamos, porque anhelamos e ansiamos o miserable día que con el poidamos compartir mantel e xantar. Porque o levamos dentro. Porque o inimigo somos nós. Extirpado do noso ADN o espírito de resistencia, esperamos coa boca aberta envorcados sobre a nosa propia miseria á agarda de que a Unión Europea nos force a vivir doutra maneira. Porque no fondo, neses remanentes de conciencia e ética que aínda nos quedan, sabemos que estamos ao borde da bancarrota moral e das súas inconmensurable consecuencias. E porque sabemos que é aí, na bancarrota moral, o berce da nosa decadencia, adro da nosa deriva á irrelevancia total.   
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/