A Xunta dirixirá durante dous anos a Reserva de Gêres-Xurés

O Goberno de Galicia destina no período 2022-2023 un total de 6,4 millóns de euros para as sete reservas de biosferas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Xunta asumiu a presidencia do comité de dirección da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés durante os próximos dous anos. Ademais, este organismo aprobou un plan de acción entre 2022 e 2025 que actuará en 12 municipios, seis deles na provincia de Ourense: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Así se anunciou tras unha reunión celebrada recentemente no centro de Educación Ambiental do Vidoeiro, na localidade portuguesa de Gerês, a partir da cal a responsabilidade de dirixir o comité será asumida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo. Doutra banda, todas as accións enmarcadas no plan de acción repercutirán nos 12 municipios que conforman o espazo transfronteirizo protexido, dos cales a metade son galegos.

Así mesmo, este plan inclúe catro eixos de actuación: conservación da natureza; participación social e integración de axentes locais, institucións e habitantes da área; desenvolvemento socioeconómico, e identidade e imaxe da zona.

Durante o comité de dirección, Belen do Campo lembrou o investimento da Xunta ao conxunto das sete reservas de Galicia que se cifran en 6,4 millóns de euros para este bienio. Este investimento, segundo explicou do Campo, permite financiar varios proxectos como a instalación dun observatorio de aves ou mellorar áreas de descanso.

Para finalizar coa súa intervención, a responsable de Patrimonio Natural avanzou que levarán a cabo tres accións na Reserva de Biosfera de Gêres-Xurés. As obras centraranse en restaurar e mellorar o estado de conservación dos hábitats, e adecuar, sinalizar e dotar de infraestruturas de uso público ao espazo protexido.

A Xunta rexerá o comité da Reserva de Gêres-Xurés dous anos e aproba accións en seis municipios ourensáns. XUNTA DE GALICIA
A Xunta rexerá o comité da Reserva de Gêres-Xurés dous anos e aproba accións en seis municipios ourensáns. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta