O prezo do bus urbano podería baixar un 30% en Santiago

Dependerá de se o Concello recibe as axudas anunciadas polo Goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O Goberno municipal de Santiago acordou solicitar as axudas ao transporte urbano e interurbano coas que se abarata nun 30% o prezo dos abonos e títulos multiviaxe. Lembran que o período de aplicación sería entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022. O acordo afectaría os bonos ordinario --que pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros--; ao escolar --de 0,40 euros por viaxe a 0,28--; e ao mensual --de 26 euros ao mes a 18,20--.

Explican que os beneficiarios non poderán dispor de máis de 100 viaxes no cartón de bonificación, pero as medidas son compatibles e acumulables con calquera outra subvención ou axuda que poida concederse a persoas usuarias do transporte coa finalidade de reducir o prezo final dos billetes multiviaxe expedidos polos prestadorse do servizo.

Así o establece o Real Decreto-lei aprobado polo Goberno central, polo que se prorrogan algunhas medidas para responder as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína "e facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica".

A norma tamén sinala que a xestión destas axudas realizarase a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, por parte das comunidades autónomas e entidades locais, así como outros entes supramunicipais que presten servizo de transporte colectivo urbano ou interurbano.

Arquivo - Varias persoas esperan autobuses desde unha das dársenas da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela, a 22 de abril de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia (España). Este sábado comeza a funcionar a nova estación de au. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varias persoas esperan autobuses desde unha das dársenas da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela, a 22 de abril de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia (España). Este sábado comeza a funcionar a nova estación de au. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta