BNG de Sanxenxo critica a "mala xestión" do Sergas, que atrasa citas ata setembro no centro de saúde de Baltar

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/08/2022 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O BNG de Sanxenxo criticou este xoves a "mala xestión" sanitaria do Parido Popular despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estea a chamar a pacientes do centro de saúde de Baltar, na localidade pontevedresa, para atrasar citas ata o mes de setembro.

Centro de Saúde de Baltar en Sanxenxo
Centro de Saúde de Baltar en Sanxenxo | Fonte: Google Maps.

Tal como indicou a portavoz nacionalista local, Sandra Fernández, os pacientes do centro de saúde están a ser avisados de que só se atenderán citas para receitas e urxencias, atrasando as súas consultas xa programadas ata o mes de setembro.

"Esta é a gran sanidade do PP. Onde están eses tres médicos que aos catro ventos anunciou o alcalde, Telmo Martín, que lle pagabamos con diñeiro público a vivenda vacacional? Con iso aseguraba que o Concello de Sanxenxo non ía ter problemas sanitarios", criticou.

Pola súa banda, fontes da Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés confirmaron que na actualidade hai ata catro médicos de saúde de baixa nese centro de saúde, tres dos cales quedaron de baixa esta mesma semana.

Por iso, reivindicaron que se está traballando para cubrir "na maior brevidade posible" ditas baixas, aínda que lembraron a falta de profesionais médicos que sofre na actualidade non só Galicia, senón tamén o resto de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta