Arrasada unha capela medieval no lume de Oímbra, en Ourense

As administracións anuncian que reconstruirán o templo de Santa Ana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O incendio que afecta o municipio de Oímbra, iniciado na parroquia das Chas o pasado domingo, arrasou a capela medieval de San Ana. En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, explicou que o pasado domingo o lume comezou pouco antes das 17,00 horas na estrada que vai ás Chas, posteriormente, "cambiou a dirección do vento e foi cara a Casa dos Montes", polo que "acabou atrapando a capela de Santa Ana, que está no medio do monte".

Relata que o lume comezou polo tellado e arrasou todo o interior da pequena capela, incluída "a propia santa". De feito, só "quedaron as paredes" tras o incendio. Respecto diso, Villarino deixa claro que esta capela se vai a restaurar. "Xa falei cos conselleiros de Cultura e Medio Rural (Román Rodríguez e José González), os dous comprometéronse a que a iamos a reconstruír", valora.

Igualmente, asegura que o cura da parroquia tamén falou co bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, que "mostra a mesma disposición" para volver levantar o templo. A rexedora indica que "agora se terá que ir vendo cos técnicos", pois "haberá que facer un proxecto de reconstrución dun ben que estaba inventariado".

O incendio de Oímbra, que arrasa 70 hectáreas, atópase activo este luns, segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural. Nas tarefas de extinción participaron seis avións e catro helicópteros, entre outros medios.

TEMPLO ALTOMEDIEVAL

Este templo acolle cada 26 de xullo a principal romaría de Oímbra. Contan que foi construído para agradecer á santa que os veciños do municipio salvásense da persecución dos exércitos portugueses.

Así, crese que foi un eremitorio altomedieval, tal e como evidencian unha parte dos seus muros: unha xanela saetera na ábsida, así como altorrelieves coa forma do sol e a lúa que a tradición clásica grecolatina (Helios e Artemisa) e que tamén a popular galega identifica o home e a muller.

Ao seu lado, no muro atópase un misterioso castelo labrado que pode representar á torre da homenaxe do castelo de Monterrei que, ata o século XV, estivo erguida no barrio do Castelo de Oímbra --posteriormente foi trasladada pedra a pedra--.

Capela de Santa Ana - apatrigal
Capela de Santa Ana - apatrigal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seguimos pensando que existe un Protocolo Oculto que básicamente consiste en deixar arder todo o que arda e en apoio desta tese deixovos estas declaracións dun brigadista de Laza https://twitter.com/BrifLaza/status... Declarar o Nivel Dous elimina aos veciños do lugar : Logo basta agardar a que o vento faga o traballo e mesmo realizar contralumes para queimar todo o que queda dentro do perímetro do incendio (algúns perímetros alcanzan os 50 Kms) : Por último desactivar o Nivel Dous : Contabilizar as Hectáreas quemadas e colgar o Informe : Por último realizar entrevistas cos menos informados do lugar e encher los telexornais de estupideces varias.