Buscan a un home desaparecido en Betanzos dende o luns

Procuran o rastro nos ríos da contorna tras atopar a documentación do home ao carón dunha depuradora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

Un dispositivo de procura reactivouse este mércores no municipio de Betanzos tras a desaparición na mañá do pasado luns dun veciño de 69 anos. Segundo informan fontes de Protección Civil de Betanzos a Europa Press, o pasado martes mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon unha carteira deste home, que foi recoñecida pola familia, na desembocadura dos ríos Mendo e Mandeo, xunto á depuradora.

Este mércores, mergulladores da Garda Civil continuaron coas tarefas de procura no río, mentres Protección Civil saíu cunha zodiac e tiveron apoio tamén de drons e un helicóptero. No entanto, as mareas vivas que existen estes días "dificultan" as tarefas dos mergulladores. A última vez que se viu a este home foi na zona do porto de Betanzos. Está previsto que o xoves se renove a procura, nunha xornada na que Protección Civil contará cun dispositivo especial pola celebración da romaría fluvial de Vos Caneiros.

Zona vella de Betanzos. EVA MONTERO
Zona vella de Betanzos. EVA MONTERO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta