A galega Hydn, entre as 12 artistas favoritas para representar España en Eurovisión

Esta artista utiliza o inglés e o galego nas súas cancións co obxectivo de chegar a xente que "non sabe nin da existencia do galego".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 18/08/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A cantante galega Hydn situouse entre os 12 artistas favoritos para representar a España no festival de Eurovisión 2023, segundo unha sondaxe elaborada polo portal especializado Eurovisión Spain.

Por iso, a galega prepara xa o seu camiño cara ao Benidorm Fest tras quedar de segunda no voto dos socios de Eurovisión Spain e undécima na súa popular enquisa anual.

En concreto, con máis de 730 propostas, Hydn coouse entre os 100 artistas da Elección Interna, situándose no 'Top 12' de favoritos nas votacións diarias e acabando de finalista no posto 11, por detrás de artistas como María José Llergo, Ana Mena, Guitarricadelafuente, La Casa Azul, María Peláe, Lola Índigo, Megara, Bulego, Julieta ou Ptazeta, e por diante de Neomak, que pechou o 'Top 12'.

"É totalmente surrealista que unha artista tan emerxente coma min, autoxestionada e autofinanciada, chegara ata aquí entre tantos artistas e tan coñecidos", subliñou a propia Hydn, segundo recolle nun comunicado. Neste sentido, agradeceu o "incrible" apoio recibido. "Descubriume unha chea de xente e grazas a eles cada vez vexo máis posible poder chegar ao festival", reivindicou.

Por iso, xa prepara a canción que quere presentar o Benidorm Fest, festival no que España elixe representante, polo que asegurou que quizá envíe dúas propostas de diferentes xéneros. Hydn é unha artista galega que utiliza o inglés e o galego nas súas cancións co obxectivo de chegar a xente que "non sabe nin da existencia do galego".

A galega Hydn, entre os 12 favoritos para representar a España en Eurovisión, segundo unha sondaxe.. HYDN
A galega Hydn, entre os 12 favoritos para representar a España en Eurovisión, segundo unha sondaxe.. HYDN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta