O BNG urxe un cambio de modelo na loita contra os incendios ante a política "fracasada" do PP

Pontón aposta pola prevención, un aumento dos medios e un plan de ordenación do monte.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/08/2022 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu un cambio de modelo na loita contra os incendios forestais, ante a vaga de lumes que afecta Galicia este verán. Nunha visita a varias zonas queimadas polo incendio da serra do Barbanza, Pontón viu confirmado "o fracaso da política forestal do PP".

Ana Pontón (BNG) visita varias zonas queimadas polo incendio da serra do Barbanza, a 19 de agosto de 2022
Ana Pontón (BNG) visita varias zonas queimadas polo incendio da serra do Barbanza, a 19 de agosto de 2022 | Fonte: BNG.

Esta onda, dixo, "ten que significar un punto de inflexión e a Xunta ten a obriga de actuar". "O que non podemos é ver cada verán como arden os nosos montes, botarnos as mans á cabeza e logo facer como que non pasa nada", engadiu.

Por iso, reclamou "cambios estruturais", a posta en marcha dun plan de ordenación do monte e unha aposta "moito máis forte" pola prevención, con "máis recursos" para executala.

Nunha xornada na que se viu con veciños de Cures (en Boiro), cos propietarios do cámping Ría de Arousa 2 (en Ribeira), e tamén coas comunidades de montes na Pobra do Caramiñal, a nacionalista urxiu a chegada de axudas para paliar os danos.

Así mesmo, demandou medidas para evitar que a cinza poida chegar ao mar co efecto de arrastre de posibles choivas, o cal significaría "un dobre desastre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta