Baixan as hospitalizacións e os contaxios notificados nas últimas 24 horas, 148

A pandemia deixa en Galicia outras dúas vítimas, co que se alcanzan as 3.873 persoas falecidas desde que se iniciou a crise sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

As persoas hospitalizadas por Covid-19 en Galicia descenden este sábado ata os 154, que son 19 menos que na xornada anterior. Baixan tamén as infeccións activas ata as 1.697 (20 menos), así como os contaxios notificados nas últimas 24 horas, 148 (28 menos).

Segundo recolle a última actualización do Sergas, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, a pandemia deixa en Galicia outras dúas vítimas, co que se alcanzan os 3.873 falecidos desde que se iniciou a crise sanitaria. Os falecidos, ambos con patoloxías previas, corresponden a un home de 88 anos da área sanitaria de Vigo e a unha muller de 94 anos da área de Pontevedra. Por contra, soben a 667.790 as persoas de Coronavirus, 165 máis este sábado.

ÁREAS SANITARIAS

Os casos activos baixan en catro das sete áreas: na Coruña, con 416 (nove menos); en Ourense, 286 (tres menos); en Santiago, 226 (sete menos); e en Vigo, con 209 (12 menos). Por contra, soben en Pontevedra, con 186 (10 máis); en Ferrol, 129 (un máis); e en Lugo, 238 (tres máis).

No tocante ás persoas hospitalizadas, descenden en todos os distritos sanitarios menos en Ferrol, onde o total se mantén en 15, aínda que aumenta un en planta e baixa un en UCI --onde xa non quedan ingresados--.

A área de Ourense conta con 19 ingresados en unidades convencionais (tres menos) e dous en UCI (sen cambios); a da Coruña, 44 en planta (tres menos) e tres en críticos (sen cambios); a de Pontevedra, 22 en unidades convencionais (cinco menos) e un en coidados intensivos (sen cambios); a de Santiago conta con 16 hospitalizados en planta (catro menos) e dous en UCI (un menos); a de Lugo, con 11 en unidades convencionais (un menos) e continúa sen ingresados en coidados intensivos; e a de Vigo, con 18 en planta (dúas menos) e un en UCI (sen cambios).

Por último, en canto aos novos contaxios notificados, as áreas de Ourense e A Coruña lideran con 27 casos cada unha; seguida por Lugo, con 25; Santiago, con 23; Pontevedra, con 20; Vigo, con 16; e Ferrol con 10.

Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta