Detido un home como presunto autor dun incendio nunha vivenda de Santiago

Identifican a un home como presunto responsable doutro incendio intencionado causado cun chisqueiro en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

A policía detivo un home como presunto autor dun incendio rexistrado o pasado luns nunha vivenda da Rúa do Medio, en Santiago de Compostela. Así o comunicou este martes nunha rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Santiago de Compostela, Mila Castro, quen tamén detallou que se está levando a cabo unha investigación policial.

O incidente produciuse na tarde do pasado luns sobre as 19,00 horas nunha casa da Rúa do Medio. Varios particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar do lume. Os bombeiros conseguiron apagar o lume durante a madrugada debido a que as características da vivenda, "antiga e con múltiples elementos de madeira", fixo que as chamas se propagasen rapidamente.

Segundo informou o 112, trátase dunha casa de tres plantas que se atopaba ocupada ilegalmente. Segundo estas fontes, a pesar da "rápida propagación do lume", non houbo que lamentar ningún ferido e ningún outro inmoble viuse afectado. En canto á familia residente na vivenda, Castro sinalou que se trasladarán "á casa duns familiares", pero que o Servizo Municipal de Atención Sociais (SEMUS) "estará pendente deles".

Un efectivo de bombeiros durante os labores de extinción do incendio nunha vivenda da rúa do Medio de Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Un efectivo de bombeiros durante os labores de extinción do incendio nunha vivenda da rúa do Medio de Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

INDENCIO FORESTAL

Doutra banda, a Policía Autonómica, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceu un incendio forestal intencionado rexistrado o pasado luns, 15 de agosto, en Santiago de Compostela e que afectou 5.900 metros cadrados de monte raso.

Axentes do grupo de investigación de incendios identificaron un dos presuntos autores deste lume rexistrado no lugar dos Vilares, na parroquia de San Caetano, grazas á colaboración de dúas testemuñas que viron fuxir dúas persoas da zona na que se orixinou o incendio.

Na investigación colaboraron tamén axentes da Policía Nacional de Santiago de Compostela e axentes ambientais do Distrito forestal III de Ordes. As dilixencias polos feitos xa foron enviadas pola Policía Autonómica ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela, aínda que a investigación policial segue aberta á espera de identificar a outro dos autores.

As pescudas da Policía Autonómica establecen que o lume foi intencionado e que se iniciou previsiblemente cun chisqueiro, tal e como recollen no atestado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta