O PPdeG aspira a gobernar os 315 concellos para "tinguir Galicia de azul"

Inicia o curso político "póndose deberes a nivel municipal, autonómico e nacional".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 26/08/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O PP de Galicia afronta o inicio do curso político, que se escenificará este sábado co tradicional encontro na 'carballeira' de San Xusto de Cerdedo-Cotobade, "póndose deberes a nivel municipal, autonómico e nacional".

Así o trasladou a secretaria xeral do partido, Paula Prado, que acudiu este venres a supervisar os preparativos e a montaxe do escenario na 'carballeira' para o acto deste fin de semana, ao que acudirá Alberto Núñez Feijóo por primeira vez como líder nacional do PP, e onde estará arroupado polo presidente galego, Alfonso Rueda, e por outros presidentes rexionais 'populares', como Isabel Díaz Ayuso, Juanma Moreno, Alfonso Fernández Mañueco e Fernando López Miras.

En declaracións aos medios, Paula Prado explicou que os "retos" do PPdeG para os próximos meses viran ao redor de tres eixos. Así, no ámbito municipal, o PPdeG aspira a "gobernar os 313 concellos galegos" para que o próximo 28 de maio "Galicia se tinga de azul"; a nivel galego, proponse que as políticas da Xunta, "orientadas a solucionar os problemas da xente", cheguen a todos os veciños; e no ámbito estatal, prometen traballar "para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente de España", dado que "Pedro Sánchez é o suspenso máis grande que ten o PSOE".

En todo caso, a secretaria xeral afirmou que o PPdeG tamén porá "deberes" ao Goberno central e, na liña do propio Feijóo, criticou o plan do Executivo de medidas de aforro enerxético, elaborado de forma "unilateral" e convalidado co apoio de "os independentistas e a esquerda máis radical".

Finalmente, sinalou que o acto deste sábado tamén "consolidará" os primeiros 100 días de Rueda á fronte da Xunta, un período no que "xa deixou a súa pegada e o seu estilo" con tres obxectivos "claros": "o traballo, a familia e o futuro".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o presidente do partido en Pontevedra, Luís López; e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisan os preparativos do acto de inicio de curso político na 'carballeira' de San Xusto.. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o presidente do partido en Pontevedra, Luís López; e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisan os preparativos do acto de inicio de curso político na 'carballeira' de San Xusto.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Pois eu aspiro a ser inmortal... e ao soldo do Nescafé, que é para toda a vida!

1 a lo loco¡¡¡

Co 135% do censo electoral coido que chegan a 423 concellos.... e se non invéntanse ...¡¡¡ Por certo quén se presenta a parte do pepe¡¡