Continúa a procura do octoxenario de Friol desaparecido desde o domingo

Os drons despregados o mércores non volveron saír.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 08/09/2022 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Continúa despregado o dispositivo de procura do octoxenario do concello lucense de Friol, desaparecido desde a mañá do pasado domingo.

Aínda que este mércores a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporaba drons á procura, volvían á base ás 21,00 horas e non volveron a saír, segundo informou o 112 a Europa Press.

Con todo, o dispositivo de procura continúa en marcha, coordinado pola Garda Civil e coa intervención dos efectivos do GES de Friol-Pas e os voluntarios de Protección Civil.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta