Conseguir que as mulleres ocupen cargos directivos: un dos grandes retos das empresas

A conselleira e Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana defende como unha "prioridade" que sexan líderes empresariais tanto no ámbito público como privado "sobre todo por xustiza social"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mostrouse a favor da aplicación de medidas de "discriminación positiva" para "comezar a lograr un resultado" no papel da muller como líder empresarial, aínda que apostou por "ser máis ambicioso" para lograr que chegue "o momento" no que as mulleres consigan ese posto xa só "pola súa valía".

Así ben, en declaracións aos medios, a conselleira sinalou que esas medidas "deben ter un obxectivo". "As mulleres poden dirixir de diferente maneira, pero mellorar o resultado das empresas", afirmou. Estas palabras tiveron lugar este martes no acto de inauguración do encontro 'O impacto da muller empresarial no mundo', que organizou a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

A conselleira tamén remarcou que as "mulleres e o liderado constitúen unha fórmula de éxito". Con isto, referenciou á Organización Internacional do Traballo, que asegurou que as empresas que teñen un liderado mixto, entre homes e mulleres, "aumentaron os seus beneficios ata un 25%".

Desta forma, a responsable de Igualdade defendeu que, tanto no ámbito público como privado, as mulleres ocupen cargos directivos de alta responsabilidade "debería ser unha prioridade, sobre todo por xustiza social".

Así as cousas, viu " avances" nas administracións públicas cara a esta materia. Nesta liña referenciou como é a muller líder e sinalou que "as figuras en posición de liderado teñen un poder transformador das dinámicas sociais e da realidade actual".

DINÁMICAS DA XUNTA EN MATERIA DE IGUALDADE

A conselleira fixo alusión ás diferentes actividades que a Xunta está a levar a cabo en materia de igualdade e sinalou que están "a promover e apoiando os plans de igualdade nas empresas, o teletraballo, a flexibilización horaria e a conciliación". Así mesmo, fixo mención á formación en igualdade laboral mediante o campus virtual do Goberno galego, que conta cunha oferta laboral de "ata 5.000 prazas".

Finalmente, sinalou a creación dunha nova Lei de igualdade autonómica, "unha normativa que nace co obxectivo de seguir situando a Galicia na vangarda na loita contra os ataques sexistas e a discriminación múltiple da muller, prestando especial atención ao progreso cara a un novo contexto marcado pola igualdade e o benestar laboral en Galicia", sentenciou Lorenzana.

CONVENIO DE COLABORACIÓN

Con anterioridade ao acto, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Women Presidents Organization (WPO) asinaron un convenio de colaboración para traballar pola igualdade de xénero e reforzar o liderado feminino.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, sinalou que este acordo se suma a outros xa asinados con diferentes entidades, cos que se busca "destacar á muller no ámbito empresarial. Nesta liña, subliñou que "hai que potenciar cada vez máis e de maneira significativa a igualdade de xénero". Para conseguilo "débense apoiar aquelas iniciativas que reforcen a participación da muller na sociedade, e especialmente no ámbito empresarial"

Vieites indicou que actualmente, a proporción de mulleres en cargos directivos "está a crecer" e cada vez as mulleres "teñen maior protagonismo e emprenden o seu propio negocio". Desta forma, Vieites enxalzou que "o valor engadido que achegan as mulleres ás empresas é moi significativo".

Así, a WPO é unha organización sen ánimo de lucro que aglutina un colectivo de mulleres líderes empresariais de todo o mundo que comparten coñecementos para impulsar experiencias innovadoras.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participa na apertura do encontro 'O impacto da muller empresaria no mundo'  organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).. CONCHI PAZ
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participa na apertura do encontro 'O impacto da muller empresaria no mundo' organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta