Ourense estreará autobús urbano eléctrico en 2023

Gonzalo Pérez Jácome presume de que os novos vehículos "serán 100% ourensáns".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 19/09/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Ourense contará con "o primeiro autobús urbano eléctrico de Galicia" que comezará a funcionar a inicios do 2023, nos meses de inverno. Así o anunciou o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, na visita ás instalacións da empresa ourensá UNVI, encargada do proxecto.

Novos autobuses cos que contará o Concello de Ourense a partir de 2023
Novos autobuses cos que contará o Concello de Ourense a partir de 2023 | Fonte: CONCELLO DE OURENSE.

A empresa foi a gañadora da adxudicación da construción de 40 novos autobuses para a cidade das Burgas, coas que renovar o seu transporte urbano, unha das promesas do alcalde no seu programa electoral.

"Todos estamos felices. Está feliz a parte política, está feliz a empresa, están felices os traballadores e tamén os cidadáns, porque os autobuses dos que disporá a cidade en 2023 serán 100% ourensáns", proclamou Pérez Jácome, engadindo, ademais, que o 80% da facturación vaise a quedar en UNVI, unha empresa que "xera en Ourense 200 postos directos de emprego". "Aquí todos gañamos, é o Win-Win que din os americanos", destacou.

Deste xeito o rexedor ourensán, acompañado polo tenente alcalde, Armando Ojea, e o edil de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, explicou que se investirán 14 millóns de euros na creación dos novos autobuses que, segundo expuxo, "xa están en marcha, enfase de produción".

Jácome expresou o seu "orgullo" por que Ourense vaia a "contar co primeiro autobús urbano eléctrico de Galicia". "Cada roda terá un motor, o vehículo axudará ao condutor en pasos de peóns, contará con un sistema de vixilancia con cámaras e todos serán de piso baixo, o que os converte en 100% accesibles", enumerou o rexedor.

En canto á carga, a autonomía é de dezaseis horas, "as perfectas", segundo describiu o alcalde, porque irán desde as 07,00 horas ata as 23,00 horas. "Todo boas noticias, os novos autobuses vainos crear unha empresa ourensá, con esta fabricación xérase emprego en Ourense e créase emprego na cidade", dixo, raseverando que "os novos autobuses virán de Ourense, non de provedores de China, Londres ou Madrid, de Ourense".

En 2023 a cidade contará con 25 novos autobuses de gran tamaño, dez eléctricos e quince diesel, que "manterán a cor actual, amarelo, pero máis vivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta