O 11,4% das nais coruñesas dan a luz despois dos 40 anos

É a provincia do Estado con esta porcentaxe máis alta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Por múltiples razóns, entre elas laborais, económicas ou de conciliación, moitas mulleres que desexan ter fillos retrasan cada vez máis o momento de quedar embarazadas. O rango de idade da nai máis habitual cando dan a luz é entre os 30 e os 39 anos, franxa na que se atopan o 68,6% das mulleres da provincia da Coruña, segundo unha estatística feita por Sugardates con datos do INE entre 2014 e 2019. Así mesmo, o 11,4% das novas nais ten entre 40 e 49 anos e o 18,8% entre 20 e 29.

Nai e o seu bebé
Nai e o seu bebé | Fonte: EP - Arquivo

Segundo a mostra estatal, A Coruña é a provincia coa porcentaxe máis alta de nacementos a partir dos 40, co 11,4%. Pola súa banda, Almería é a provincia cunha porcentaxe máis alta de nais por baixo dos 20 anos, co 3,3%. A tendencia en canto á idade do pai é similar, sendo tamén predominante a franxa de idade entre 30 e 39 (62,2% dos nacementos). Iso si, a porcentaxe de novos pais ata 30 anos é menor, á vez que a partir dos 40 é superior. Tenden, por tanto, a ser pais un pouco máis tarde.

Outubro é o mes con máis nacementos na provincia, cun +7,3% de novos bebés por enriba da media anual, seguido por xullo (+3,7% da media) e agosto (+3,6%). En outubro, o mes con máis alumeamentos, nace un +17,7% máis de bebés que en febreiro, o mes con menos nacementos na provincia da Coruña. Algunhas parellas tentan que as súas crianzas nazan nos meses de verán para combinar as súas vacacións cos diferentes permisos, por iso o período con máis nacementos se dá normalmente entre xullo e outubro.

Segundo a estimación realizada, o 51,5% dos recentemente nacidos na provincia da Coruña son homes. En canto ao tempo de xestación, o 81,9% dos bebés na provincia da Coruña ten un tempo de xestación de entre 37 e 41 semanas. Unha maioría do 40,0% de bebés na provincia pesa entre 3.000 e 3.499 gramos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta