Os orzamentos da Xunta para 2023 terán máis de 20 millóns para apoiar as exportacións

A XII Semana Internacional Contract Galicia celebrou este luns a súa primeira xornada no Parador de Muxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avanzou este luns que os orzamentos da Xunta para 2023 terán máis de 20 millóns de euros, un "esforzo" que "non é sinxelo", para colaborar co tecido empresarial e así manter "o mellor ciclo exportador" da historia de Galicia. Esta aposta enmárcase na Estratexia de Internacionalización de Galicia para o período 2021-2025.

Así o destacou en Muxía, durante a inauguración da XII Semana Internacional Contract, na que reivindicou que Galicia é un "referente internacional" no sector, no que participan máis de 100 empresas galegas de campos como a construción, a arquitectura, o interiorismo, a iluminación, a carpintaría metálica, a madeira e o audiovisual.

Durante a súa intervención, Francisco Conde reiterou o compromiso da Xunta coa canle 'contract', que, tal e como subliñou, contribúe a expandir a Marca Galicia polo mundo grazas ao traballo das súas compañías. Así, o vicepresidente económico garantiu que o Goberno galego as seguirá apoiando tanto desde o punto de vista das axudas para a internacionalización, como desde accións que melloren a visibilidade, formación e posicionamento.

A XII Semana Internacional Contract Galicia, organizada pola Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), celebrou este luns a súa primeira xornada no Parador de Muxía.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, na XII Semana Internacional Contract.. XUNTA
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, na XII Semana Internacional Contract.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta