Convocan unha manifestación para reclamar uns "dereitos que nunca chegan" para as persoas trans

Será o 5 de novembro en Santiago de Compostela

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O próximo sábado 5 de novembro celebrarase unha manifestación en Santiago de Compostela, con saída as 12:30 Hs desde a Praza 8 de marzo ata a Praza de Obradoiro onde se leerá un manifesto entre varias persoas trans e familias, convocada por Arelas Asociación Familias Menores Trans. Nesta manifestación esixen Dereitos Humanos para as persoas Trans e a inmediata aprobación da Lei trans estatal.

Mocidade sostén a bandeira LGBTI nunha manifestación, en imaxe de arquivo. Jorge Gil - Europa Press
Mocidade sostén a bandeira LGBTI nunha manifestación, en imaxe de arquivo. Jorge Gil - Europa Press

Decidiron mobilizarse logo de que “as persoas trans menores de idade e as súas familias, estamos soportando unha persecución e violencia desde diferentes ámbitos”, supoñendo unhas “consecuencias incalculables”, sinalan desde a Asociación.

Ademais tamén denuncias que “unha parte da clase política” busca “retrasar” os dereitos das persoas trans ao “prolongar uns debates e bulos, que non fan máis que menoscabar a dignidade dun colectivo moi violentado e discriminado históricamente”.

Ante isto, varias entidades de persoas trans, familias e feministas, buscan con esta manifestación conseguir uns dereitos “que nunca chegan”. “Non podemos seguir permitindo que se sigan perdendo infancias e adolescencias e que as persoas trans adultas sigan sufrindo violencias e disciminacións”, reivindica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta