Temas: XUíCES A BOLA

Absolta a alcaldesa da Bola dun delito ambiental e outro de danos por verteduras a unha foxa séptica

A audiencia considera que non quedou acreditado que se producisen danos nunha parecela que foi comprada en 2016 por un particular.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/10/2022 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Bola (Ourense), Teresa Barge, foi absolta en primeira instancia dun delito contra o medio ambiente e outro de danos polo que foi a xuízo este mes de outubro acusada por un veciño que comprou en 2016 unha leira na que denunciaba que o Concello realizaba verteduras incontroladas nunha foxa séptica que causaron unha afección aos chans e augas subterráneas que o tribunal non ve acreditados.

A alcaldesa da Bola (Ourense), María Teresa Barge, no banco da Audiencia Provincial de Ourense acusada dun presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente do que saíu absolta.
A alcaldesa da Bola (Ourense), María Teresa Barge, no banco da Audiencia Provincial de Ourense acusada dun presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente do que saíu absolta. | Fonte: Europa Press.

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense emitiu este venres unha sentenza absolutoria ao entender que non quedou acreditado que as verteduras na foxa séptica de titularidade municipal emprazada na parcela do denunciante ocasionasen "nin real nin potencialmente" algún perigo para o medio ambiente máis aló da "proliferación de malas herbas e matogueira na zona afectada".

Así o recolle o tribunal na súa resolución, contra a que cabe a presentación de recurso, na que declara a inocencia da rexedora --no cargo desde 2003, primeiro nas filas do BNG e desde 2014 nas do PP--, que se enfrontaba a unha petición por parte do Ministerio Público dun ano e seis meses de cárcere, inhabilitación pública e o pago dunha multa de 2.800.

Barge, que durante o xuízo proclamou a súa inocencia alegando que a intención do Concello non era contaminar cando realizaba as verteduras, foi agora exculpada porque a audiencia considera que, a pesar de que o uso dunha foxa séptica "non parece unha forma recomendable de saneamento", non quedou probado durante o xuízo que estas prácticas causasen perigo.

Temas: XUíCES A BOLA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta