Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 11:09
O filólogo e escritor Gonzalo Navaza ingresa na Real Academia Galega como membro de número este sábado día 5 de novembro, nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no salón de actos da sede da RAG a partir das 12,30 horas.
No acto, o novo académico pronunciará un discurso titulado 'Nomes de persoa na toponimia de Lalín', centrado na súa terra natal desde unha perspectiva filosófica, a onomástica, na que é experto. A resposta daralla o coordinador do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina. Gonzalo Navaza ocupará a vacante producida polo falecemento en marzo de 2021 do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da RAG durante case unha década.
A RAG destacou nun comunicado que o novo académico é sobre todo coñecido polo gran público polo seu traballo literario. Como poeta conseguiu distintos premios como o da Crítica Española de poesía por 'Fábrica íntima' (1991) e 'Libra' (2000), recoñecido tamén co Martín Códax; e como narrador, o San Clemente por 'Erros e Tánatos' (1998).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.