Por Galicia Confidencial | Allariz | 08/11/2022 | Actualizada ás 09:00
O evento gastronómico que terá lugar a vindeira fin de semana en Allariz ten por obxectivo promover, potenciar e valorizar os produtos desta estación. Así, no pavillón do Instituto de Allariz de 10.30 a 20.00 h. trinta e catro produtores galegos do Bierzo e Portugueses venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.
A feira complementase cunha programación na que se contemplan actividades para mostrar e exaltar o produto do Outono: Demostracións de cociña ao vivo, obradoiros para os máis pequenos, saída ao monte para recoñecemento de cogomelos, catas de produto e charlas ademais de sorteos para todos e todas os/as que se animen a mercar.
ESPAZO GASTRONÓMICO E PRATOS DE OUTONO NOS RESTAURANTES
Despois da pandemia a feira recupera tamén o seu espazo gastronómico para que visitantes podan degustar pratos típicos destas datas. Ademais, os restaurantes da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono e sortearán unha comida para dúas persoas entre aqueles que desgusten o menú nalgún dos establecementos participantes.
Respecto a este tipo de eventos gastronómicos, a organización cre que "é moi importante coñecer e valorar o produto que temos ao noso carón, temos unha despensa de excelente calidade e saudable, que xera actividade económica entre os nosos veciños e chega directamente ao consumidor".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.