O uso do tren en Galicia dispárase un 64% tras os abonos gratuítos de Renfe

Renfe leva emitidos case 59.000 abonos gratuítos en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/11/2022 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Renfe emitiu ata o momento un total de 58.745 abonos gratuítos de Media Distancia, Avant e Proximidades de Ancho Métrico en Galicia durante os dous primeiros meses de funcionamento desta medida destinada a usuarios recorrentes ata o 31 de decembro. Así, case o 5% da poboación activa galega xa os adquiriu.

Segundo informa a compañía, desde o 1 de setembro, cando entraron en vigor estes títulos, o número de viaxes en Media Distancia creceu case un 64% con respecto ao mesmo período de 2019, ano anterior ao comezo da crise sanitaria. No caso do Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, o aumento foi do 75,2%, tamén con respecto ao mesmo período do ano anterior á covid.

DATOS EN ESPAÑA

En toda España, Renfe alcanzou os dous millóns de abonos gratuítos de proximidade, Rodalies e Media Distancia expedidos desde o 24 de agosto, o que permitiu impulsar a demanda do transporte público, ata situarse as Proximidades ao 95% dos niveis anteriores á pandemia e a Media Distancia a só un 5% de recuperar todo o perdido polo covid-19.

Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens
Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta