Bart Davenport chega á Sala Riquela da man do Outono Códax

Do artista norteamericano dinse moitas cousas, unha delas que é un ‘cantautor ecléctico con voz de crooner’. Este mércores ofrecerá un concerto na coñecida sala compostelá ás 20:30 h. visita que coincide coa presentación do seu novo traballo, 'Episodes'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Bart Davenport (Oakland, California) pode ser moitas cousas, dependendo da quen se pregunte. Foi mod, cantante de blues e trobador de softrock. É un cantautor ecléctico con voz de crooner. Vive e crea música en Los Ángeles.

Bart Davenport. Foto cedida pola organización.
Bart Davenport. Foto cedida pola organización.

O seu traballo, sosegado á vez que chispeante, transpórtanos a un pasado ou un presente imaxinados, cheos de odas románticas e personaxes enigmáticos. As historias de Davenport son a miúdo un reflexo do agora, que ten lugar nun mundo de fantasía pero que transmite verdades persoais e universais. A súa música celebra a idealización do amor verdadeiro e ao mesmo tempo transmite a búsqueda dun mundo mellor.

As raíces de Bart Davenport sitúanse nas escenas do blues e do garage dos 90. Xa neste século, Davenport lanzouse en solitario, adoptando unha estética indie máis tranquila.

As entradas pódese adquirir nos establecementos: A Reixa-Matrioska (Compostela); Bonus Track (Ourense);  Rock Box (A Coruña); Elepé e Honky Tonk (Vigo; Carnaby (Pontevedra) ou na web ataquilla.com.

EPISODES, O SEU OITAVO ÁLBUM

Davenport chega a Santiago para conmemorar o 20 aniversario do lanzamento do seu primeiro disco e ao tempo para presentar Episodes.

Volvendo ás guitarras acústicas e aos tons pop barrocos dos 60, Davenport gravou recentemente doce novas cancións no seu estudo caseiro. O resultado, Episodes, é o seu oitavo álbum e publicouse en marzo deste 2022 a través de Tapete Records, Supón un regreso xeral ao pop dos 60 e a estética indie lo-fi.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta