Concentración en Santiago para que "a crise a pague quen máis ten"

É unha iniciativa promovida por Recortes Cero.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2022 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A plataforma Recortes Cero convoca a unha concentración este xoves, 10 de novembro, na praza de Toural d Santiago, co lema "Que a crise a pague quen máis ten" para denunciar a situación de pobreza na que vive moita xente na actual situación de crise.

Un home permanece sentado nun banco de Carballo
Un home permanece sentado nun banco de Carballo | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo.

"A situación é moi grave para a maioría da cidadanía. A inflación fíxonos máis pobres. Nin as pensións nin os salarios crecen ao mesmo ritmo que a inflación", indica esta entidade nun comunicado. Tras varias xuntanzas ás que asistiron, entre outras forzas, o BNG, Contigo Galicia, CCOO, EAPN, M+J, Podemos, UCE, USO e Xuventudes Socialistas de Galicia, a plataforma decidiu convocar esta concentración. 

* A inflación esta a producir ao mesmo tempo ricos e pobres. Non só se produce pobreza e malas condicións de vida. Senón que unha serie de sectores os máis poderosos da poboación, estanse a enriquecer", apuntan desde Recortes Cero. Por iso, reclama "un proceso de redistribución da riqueza temporal" onde os que máis teñen poñan máis para os que están máis desprotexidos.

"Hoxe é máis importante que nunca a unidade. Debemos traballar unidos, esta é a primeira conclusión. Debemos potenciar plataformas que teñan como punto de unidade a redistribución da riqueza", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta