O "luxo" de viaxar nos autobuses de Lugo e Santiago... están entre os máis baratos do Estado

Facua detecta diferenzas de ata un 289% na viaxe con bonobús en autobús urbano.

Por Europa Press / Redacción | SEVILLA | 09/11/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Utilizar un bonobús ou cartón moedeiro similar que permita o transbordo pode chegar a ter unha diferenza de prezo dun 289,3% segundo a capital de provincia na que se atope o usuario.

É unha das conclusións da comparativa anual de tarifas de autobús urbano realizada por Facua-Consumidores en Acción en 57 cidades españolas, entre as que están todas as capitais de provincia, as dúas cidades autónomas, as capitais de comunidades autónomas que non son capitais de provincia e tres das cidades que teñen maior poboación que as capitais das súas provincias (Xixón, Jerez de la Frontera e Vigo).

A análise contempla as tarifas habituais de cada territorio, e non ten en conta os descontos aplicados de maneira excepcional polo Goberno ata final de ano.

O estudo de Facua mostra que Madrid, San Sebastián e Barcelona seguen sendo as cidades con tarifas máis caras cando se utiliza un bonobús ou cartón moedeiro similar con transbordo, igual que xa ocorría en 2021 e 2020. Mentres tanto, Lugo ten o billete sinxelo máis barato de todas (0,64 euros) e Santiago ten dos abonos múltiples con menor custo por viaxe (0,60 euros).

Autobús urbano
Autobús urbano | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta