O delegado do Goberno sobre o incremento das peaxes na AP-9: "Hai que escoitar a Audasa"

Lembra que é o Goberno o que asumiu o incremento anterior con bonificacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2022 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apelou a escoitar "as propostas que teña a empresa", ao ser preguntado por unha posible subida das peaxes na AP-9 en 2023 e se o Ministerio de Transportes daría o beneplácito á medida.

"Agora as subidas anuais está a asumilas o Goberno", sinalou Miñones, quen, antes de dar unha resposta, considerou necesario "escoitar as propostas que teña a empresa" para dar daquela o Executivo conta do seu posicionamento. E "ver como facer con esa repartición de fondos", engadiu sobre o que nestes momentos se destinan á bonificación de viaxes.

"No que respecta á AP-9, temos moi clara nosa liña de ruta". "Os galegos e galegas están a gozalo desde hai un ano e medio, a bonificación do transporte, principalmente esa bonificación do 50% para viaxes de volta, que se incrementa se es un usuario cotián e que se eleva ao 100% en certos puntos", lembrou.

"Esa é a nosa liña de ruta, os incrementos que se produzan, como fixemos ao comezo do ano con ese cambio no decreto, de asumir o propio Goberno eses incrementos e que non fosen os usuarios da AP-9 quen teñan que asumir eses incrementos das peaxes", apostilou sobre o feito ata o momento e á espera agora de coñecer por parte de Audasa a súa postura sobre unha posible porcentaxe de incremento de peaxes en 2023.

Ponte de Rande, en Vigo
Ponte de Rande, en Vigo | Fonte: MIGUEL RIOPA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta