Desolación entre uns trinta traballadores de El Correo que quedan fóra do novo proxecto de Prensa Ibérica

Tras a venta da cabeceira e, no peor dos casos, con 24 meses de nóminas sen cobrar ás súas costas, só lles queda a alternativa do Fogasa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 17/11/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Tras do fallo emitido este xoves polo xulgado do Mercantil número 2 da Coruña no que se outorga a venda de Editorial Compostela, titular da cabeceira santiaguesa El Correo Gallego, ao Grupo Prensa Ibérica, propietario de Faro de Vigo e La Opinión de Coruña, hai moito máis que unha loita por facerse coa hexemonía mediática en Galicia.

Sede de El Correo Gallego no Polígono do Tambre en Santiago
Sede de El Correo Gallego no Polígono do Tambre en Santiago | Fonte: tercerainformacion.com

Detrás desa sentenza están os rostros duns trinta traballores que se quedan na rúa, no peor dos casos con vintecatro meses de nóminas sen cobrar ás súas costas e co Fogasa como único medio ao que recurrir para facerse, alo menos, con catro nóminas e unha indemnización polos anos traballados.

Deses trinta traballadores non todos estaban xa en activo, senón que moitos acabaron por coller baixas médicas aqueixados de ansiedade, depresión ou estrés, ao arrastrar durante anos unha situación insostible dende o punto de vista económico e emocional

A peor parte, sen lugar a dúbidas, lévana aqueles que quedaron sostendo un barco que se afundía máis cada día que pasaba, tratando de manter en pe unha cabeceira á que adicaran gran parte da súa vida. Agora dinlles que algúns deles non están dentro do novo proxecto e que Prensa Ibérica non contará con eles.

E é que hai que recordar que a oferta presentada por ACCA Media S.L., Numancia Capital S.L. e Blecua Capital S.L.U., co apoio do grupo La Voz, subrogaba a 38 traballadores da plantilla máis a todo o persoal contratado por Empresa de Traballo Temporal (ETT); mentres que a de Prensa Ibérica nomeaba a 32 persoas de plantilla e, nun primeiro momento a 8 das ETT. Os totais son 53 traballadores nun lado e 40 noutro.

Eses trece traballadores que si entraban nunha das ofertas mais non na outra son os que quedan agora desamparados, nunha situación de indefensión que lles deixa poucas alternativas máis aló de desistir ou recurrir á prolongación de baixas médicas.

POSIBILIDADE DE RECURSO

A entrada de Prensa Ibérica nas oficinas de El Correo Gallego non será inmediata, a transición ten uns tempos. Tempos, polo momento, indeterminados. O que si se sabe é que se poderá presentar recurso de aquí a cinco días. Outros cinco días nos que hai traballadores que, sabendo que non serán subrogados, deberán ir traballar igual.

Ante esta escandalosa situación, as primeiras baixas xa comezaron a chegar. "A dor insoportable de ver como o traballo que durante anos defendeches a capa e espada vese agora menosprezado e infravalorado é algo que atenta contra a saúde psicolóxica", apuntan traballadores consultados.

Entre os que quedan, dentro dos redactores, a maioría é persoal de ETT. Persoal que a pesares de levar, nalgúns casos, anos contratado por unha empresa externa é que diariamente tamén estivo sacando o xornal adiante durante os últimos meses, nos que día tras día aparecía unha nova renuncia. Precisamente, sobre este persoal a setenza xudicial di que non forman parte da plantilla e que por iso non tiñan por que estar recollidos nas ofertas dos grupos.

Por iso, a día de hoxe, estes traballadores xunto con algúns de plantilla seguen sen coñecer a ciencia certa o seu destino. Prensa Ibérica resctará a oito, dos que non se saben os nomes, pois non houbo un listado oficial como si tiveron os traballadores da plantilla.

Sen dúbida, levantar este barco afundido non será tarea fácil para Prensa Ibérica, que se pon ao fronte dunha cabeceira cuxa reputación, tras coñecerse as acusacións contra o seu exdirector por blanqueo de capitais e administración desleal, está polo chan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Gamela

O Grupo Prensa Ibérica xoga noutra liga... http://gamela00.blogspot.com/2015/0... Pero sempre atopará alguén que pague ben a súa Desinformación !

4 Mondo

Pois non che sei se a «oferta» de Acca Capital & Blu Sens tivese algún síntoma de prosperar nun futuro (inmediato) sabendo que ten no seu accionarado ao causante da situación actual, anais de no presentar conta algunha do seus exercicios anteriores e, só tendo un capital social de 3000 euros, para facerse cunha empresa que supera con moito ese valor... Prometer poden facelo que se ían facer cargo de todos eles, porén obxectivamente non o vexo, sentindolo moito

3 micronimoc

Agora veñen os madremías... Ter escrito a verdade cando tiveron tempo!

2 xornalista

Ánimo a todos os traballadores do Correo. É unha pena o que vos está pasando pola mala xestión que se fixo aí. Eu coñezo a xente que leva anos traballando aí, que non ten nada que ver co director nin cos seus vasalos, que van quedar na rúa. Un caso é o do bo de Caetano.

1 O Josetxo

Entre 13 e 30 hai diferencia. E entre eses 13 están os que máis cobran. Director Rey Nóvoa e Ángel Remesar incluido. Menuda información que das... Dictado de Rey!!!!