O PPdeG acusa ao Goberno de Sánchez da "chapuza" da lei do 'só si é si'

Paula Prado considera que a subida das peaxes da AP-9 e da AP-53 é "unha decisión política sen pés nin cabeza".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu a dimisión da ministra de Igualdade, Irene Montero, e da ministra de Xustiza, Pilar Llop, así como a reprobación de todo o Consello de Ministros polas "consecuencias" da "chapuza lexislativa" da lei do 'só si é si'.

"Hoxe hai un violador máis nas rúas de Galicia. Mañá poden ser dous, tres ou catro, e non sabemos ata onde poden chegar as consecuencias desta chapuza lexislativa na que nos meteu o Goberno de España", iniciou a rolda de prensa deste venres a popular.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa na sede dos populares galegos / PPDEG -/ Europa Press
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa na sede dos populares galegos / PPDEG -/ Europa Press

Tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, defendeu este venres en Lugo o labor dos xuíces na aplicación da 'lei de só si é si' e pediu ao Goberno que "rectifique" algo que, considera, "está mal feito". "Non vale de nada botarlle a culpa aos xuíces que están a cumprir a súa función", apuntou, tras o que criticou a "falta de respecto que desde o goberno está a facerse coa xudicatura", cando "o que ten que facer" o Executivo central é "rectificar algo que fixo mal".

"O goberno ten que recoñecer que está mal feita, xa hai un clamor contra a mesma e sobre todo actuar, porque mentres a lei está así, estas situacións vanse a seguir producindo", resolveu.

PEAXES: UNHA SUBIDA "SEN PÉS NIN CABEZA"

Por outra banda, Prado criticou que "no peor momento da economía das familias", o Goberno realice "unha subida histórica" das peaxes da AP-9 e da AP-53. "Unha decisión política sen pés nin cabeza", rexeitou.

Neste sentido, censurou que ao Executivo de Sánchez "non lle chegou" con "atrasar a chegada dos trens Avril" ou "con dar solucións inválidas ao derrube do viaduto da A-6" e agora "quere asestar un novo golpe" a Galicia. "A verdadeira peaxe que ten que pagar Galicia é o Goberno de Pedro Sánchez", afirmou a popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta