Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/11/2014 | Actualizada ás 10:48
O grupo organiza a lectura dun texto contrario a proposta de participación cidadá do 9 de Novembro. Será este sábado, día 8, ao mediodía en lugares simbólicos de moitas provincias de España. No país, hai actos en:
- A Coruña, na Praza de María Pita, onde lerá o texto o ex-alcalde do PSdeG Francisco Vázquez.
- En Vigo, na Rúa Príncipe, onde lerá o texto Gloria Lago, responsábel do colectivo contrario a normalización do galego Galicia Bilingüe
- En Lugo, na Praza Maior, onde lerá o texto Franciso Rivera Cela, xornalista colaborador del Progreso e pai da escritora Maite Rivera de la Cruz.
- En Santiago, Roberto Blanco Valdés, profesor universitario e representante da Xunta en Afundación lerá o texto no Obradoiro.
- En Ourense, Jacobo Elosúa, na Praza Maior.
O movemento Libres e Iguales di promover "a mobilización do conxunto dos cidadáns españois no grave debate provocado polo secesionismo catalán". Na súa opinión, o nacionalismo é perigoso porque antepón "os dereitos míticos dun territorio aos dereitos fundamentais das persoas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.