Paco Vázquez, Blanco Valdés e Gloria Lago xuntos contra o 9N

O colectivo "Libres e Iguales", un "movemento cívico aberto a todos os cidadáns compremtidos cos valores da moderna España constitucional", organiza este sábado "un chamamento aos cidadáns e ao goberno do Estado para que reaccionen con firmeza ante a agresión á democriacia que pretende levar a cabo o Goberno da Generalitat".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/11/2014 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O grupo organiza a lectura dun texto contrario a proposta de participación cidadá do 9 de Novembro. Será este sábado, día 8, ao mediodía en lugares simbólicos de moitas provincias de España. No país, hai actos en:

Roberto Blanco Valdés
Roberto Blanco Valdés

- A Coruña, na Praza de María Pita, onde lerá o texto o ex-alcalde do PSdeG Francisco Vázquez.

- En Vigo, na Rúa Príncipe, onde lerá o texto Gloria Lago, responsábel do colectivo contrario a normalización do galego Galicia Bilingüe

- En Lugo, na Praza Maior, onde lerá o texto Franciso Rivera Cela, xornalista colaborador del Progreso e pai da escritora Maite Rivera de la Cruz.

- En Santiago, Roberto Blanco Valdés, profesor universitario e representante da Xunta en Afundación lerá o texto no Obradoiro.

- En Ourense, Jacobo Elosúa, na Praza Maior.

O movemento Libres e Iguales di promover "a mobilización do conxunto dos cidadáns españois no grave debate provocado polo secesionismo catalán". Na súa opinión, o nacionalismo é perigoso porque antepón "os dereitos míticos dun territorio aos dereitos fundamentais das persoas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

16 Foucellas

Indepedentenmente que un crea ou non nas virtudes dunha independecia, o pobo ten dereito a decidir cuestións imporantes e decisivas para o seu benestar, sobre república ou bobónica, sobre euro ou moeda propia, e despois os políticos teñen que actuar nea direción. Pero tratar de menores de idade ao pobo é cousa de "politólogos", de "clerecía", etc. O que máis fastidia é cando as oligarquías e os militares deciden por nós. Xa é hora de ser cidadáns, polo menos iso, porque para ser vasalos, fideis de igrexas, militantes a secas ou votantes cada catro anos xa está ben. A estes sabidonllos acabáronselle as tertulias.

15 Senvergoña

Estou completamente dacordo con Ana. Durante o bipartito os de Galicia Pilingüe, e demaís acólitos, estaban todo o tempo con que se tiña que deixar aos pais a "libertaz" para dicidir a educación dos seus fillos. Pero polo carallo queren agora "libertaz" para o dereito a decidir de Cataluña.

1 anonimo

porque la libertad para elegir lengua no perjudica a terceros (a nos ser que me salgas con esa parida de que perjudica a la lengua y entonces voy yo y me troncho)

2 Senvergoña

Non home non, que che vou sair eu con qué... Eu estouche falando de "libertaz".Para que a xente poida elexir o que lle pete en "libertaz". Ou non era iso? Ah! pero agora non vale... porque resulta que "perjudica a terceros". Se é que tedes máis cara que espalda.

3 soli

anonimo cuando la constitucion española no me obligue a aprender el castelano hablamos mientras trabaja algo y asi sacas a tu madre de hacer la calle

14 Hermerico

Semelha umha nova para o 1 de Abril (28 de Dezembro para quem ainda tenha encefalopatia espanhiforme taurina)

13 Ana

En Catalunya estan a prol do "dereito a decidir" catalans de toda a vida, catalans con orixe noutras rexions españolas, inmigrantes, castelanfalantes, catalanofalantes,etc. Lonxe do que pensan alguns que o independentismo ten que ver so coa "pela" ou a "lingua", a realidade é que o que ilusiona a tanta xente e o feito de crear un pais novo, mais democratico e que garanta unha mellor calidade de vida para todos. Un independentista non ten pq ser catalanofalante ou nacionalista, simplemente considera que os seus intereses estarian mellor defendidos con un estado propio.

1 VIVA ESPAÑA

En Alemania o nazismo ilusionou a tantos que houbo que facer unha desnazificacion. Aqui levamos desde o 78 deixando ao nazionalismo facer construcion nazional, e por complejines de se vai lembrar a Formacion del espiritu nacional se esqueceu a construcion nacional da unica nacion que hai en España de acordo co noso ordeamento xuridico ¡VIVA ESPAÑA!

2 VIVA GALIZA!

Pareceme moi ben que viva españa, ninguén quere que morra. Mais entenderás que eu teño o dereito e de defender o meu país, e o meu país é Galiza, diga o que diga o teu ordeamento xurídico. VIVA GALIZA!

12 vaia par de dous

Pois parece que sí, en vez do magosto, parece que chega o entroido