Paco Vázquez, Blanco Valdés e Gloria Lago xuntos contra o 9N

O colectivo "Libres e Iguales", un "movemento cívico aberto a todos os cidadáns compremtidos cos valores da moderna España constitucional", organiza este sábado "un chamamento aos cidadáns e ao goberno do Estado para que reaccionen con firmeza ante a agresión á democriacia que pretende levar a cabo o Goberno da Generalitat".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/11/2014 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O grupo organiza a lectura dun texto contrario a proposta de participación cidadá do 9 de Novembro. Será este sábado, día 8, ao mediodía en lugares simbólicos de moitas provincias de España. No país, hai actos en:

Roberto Blanco Valdés
Roberto Blanco Valdés

- A Coruña, na Praza de María Pita, onde lerá o texto o ex-alcalde do PSdeG Francisco Vázquez.

- En Vigo, na Rúa Príncipe, onde lerá o texto Gloria Lago, responsábel do colectivo contrario a normalización do galego Galicia Bilingüe

- En Lugo, na Praza Maior, onde lerá o texto Franciso Rivera Cela, xornalista colaborador del Progreso e pai da escritora Maite Rivera de la Cruz.

- En Santiago, Roberto Blanco Valdés, profesor universitario e representante da Xunta en Afundación lerá o texto no Obradoiro.

- En Ourense, Jacobo Elosúa, na Praza Maior.

O movemento Libres e Iguales di promover "a mobilización do conxunto dos cidadáns españois no grave debate provocado polo secesionismo catalán". Na súa opinión, o nacionalismo é perigoso porque antepón "os dereitos míticos dun territorio aos dereitos fundamentais das persoas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

21 PU TA EJPAÑA

Só vou dicir unha cousa: PU TA EJPAÑA!!!!

20 Campustellae

Nada novo, unha reunión de nostálxicos do Régimen á que irán catro gatos mal contados. A outra cousa.

19 anonimo

Estais rabiosillos...!normal¡

1 menda

Tanto vos fode que a xente decida en liberdade. Entón pirate para a corrupta Libertad Digital, troll.

18 pperralleiros

Teñen medo a que non se respecte a Constitución aqueles que non respectan a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia cos votos a favor de tódolos representantes elixidos polo pobo galego democráticamente, e cuxa lexitimidade foi refrendada por multiples sentenzas nos tribunais. Esa é a hipocrisía e as dúas caras do nazionalismo madrileño.

17 Pousadita

Vanse mollar... dan choiva abonda para sábado a esas horas... ademais, ás 8 hai magosto no Casco Vello e ás 10 xoga o Celta en Balaídos, non vou dar feito. Que pena, coas ganas que tiña de asistir a un espectáculo traxicómico.