Paco Vázquez, Blanco Valdés e Gloria Lago xuntos contra o 9N

O colectivo "Libres e Iguales", un "movemento cívico aberto a todos os cidadáns compremtidos cos valores da moderna España constitucional", organiza este sábado "un chamamento aos cidadáns e ao goberno do Estado para que reaccionen con firmeza ante a agresión á democriacia que pretende levar a cabo o Goberno da Generalitat".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/11/2014 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O grupo organiza a lectura dun texto contrario a proposta de participación cidadá do 9 de Novembro. Será este sábado, día 8, ao mediodía en lugares simbólicos de moitas provincias de España. No país, hai actos en:

Roberto Blanco Valdés
Roberto Blanco Valdés

- A Coruña, na Praza de María Pita, onde lerá o texto o ex-alcalde do PSdeG Francisco Vázquez.

- En Vigo, na Rúa Príncipe, onde lerá o texto Gloria Lago, responsábel do colectivo contrario a normalización do galego Galicia Bilingüe

- En Lugo, na Praza Maior, onde lerá o texto Franciso Rivera Cela, xornalista colaborador del Progreso e pai da escritora Maite Rivera de la Cruz.

- En Santiago, Roberto Blanco Valdés, profesor universitario e representante da Xunta en Afundación lerá o texto no Obradoiro.

- En Ourense, Jacobo Elosúa, na Praza Maior.

O movemento Libres e Iguales di promover "a mobilización do conxunto dos cidadáns españois no grave debate provocado polo secesionismo catalán". Na súa opinión, o nacionalismo é perigoso porque antepón "os dereitos míticos dun territorio aos dereitos fundamentais das persoas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

11 Ana

Se eu defendo o "dereito a decidir" en que lingua se escolariza un neno, tamen defendo o "dereito a decidir" que modelo de estado se quere, nacionalidade, modelo economico, etc. Se somos "libres" sexamolo para decidir sobre todo. E se somos "iguais" sexamolo tamen economicamente (tanto territorios como cidadans) rematando coa desigualdade e pobreza. En resumo, o "dereito a decidir" para todo e para todos, e non so para o que nos interese.

1 soli

a min obriganme a aprender o castelan eso di a constitucion enton xa non son ceibe nin igual

10 ant0n

Deus os cría e eles se xuntan...

9 chiripitiflautico maior

qué pasa...? adiantouse o entroido...?

8 Viva

A escritora ven sendo mais que Maite, Marta Rivera de la Cruz ¡Viva España!

7 Vaites Vaites

É dicir, o nacionalismo español, nostálxicos de UNA, GRANDE Y LIBRE...