"Desaceleración" do crecemento de Galicia pola fin da época turística e a guerra de Ucraína

O indicador de Foro Económico suñiña que o verán supuxo un punto de inflexión no crecemento galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou o pasado setembro un incremento do 2,2% sobre o mesmo mes de 2021, o que demostra a "desaceleración" dun crecemento que era sostido desde o mes de maio.

Segundo o último estudo do Foro Económico de Galicia, o 2,2% rexistrado en setembro supón unha redución dun punto con respecto a agosto, cando o aumento foi do 3,2%. Estes datos supoñen "un novo punto de inflexión" desde maio, cando a actividade económica galega comezara a experimentar un claro ascenso. E é que en xuño o indicador crecía un 2,5%, en xullo un 3% e en agosto un 3,2%.

O principal motivo para este cambio de tendencia, explica Foro Económico, é a combinación do fin da tempada turística estival e os "síntomas de fatiga" que se reflicten nos índices de cifra de negocios doutros sectores, especialmente o industrial.

Outro factor é a prolongación das incertezas no panorama internacional, que afectan á confianza dos consumidores polas súas consecuencias directas na alza de prezos nas materias primas e a crise enerxética.

No que respecta á evolución individual das variables do indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica, destaca o comportamento das importacións, cun crecemento interanual en setembro por encima do 30%. No lado oposto sitúase o índice de produción industrial, cun retroceso que comezou xa no mes de maio e que rexistra unha caída próxima ao 20% en termos interanuais.

Os profesores da USC María Cadaval e Xoaquín Fernández Leiceaga, e os docentes na UVigo Santiago Lago e Alberto Vaquero, encargados de elaborar a proposta do Foro Económico de Gailcia para a reforma do modelo de financiamento autonómico
Os profesores da USC María Cadaval e Xoaquín Fernández Leiceaga, e os docentes na UVigo Santiago Lago e Alberto Vaquero, encargados de elaborar a proposta do Foro Económico de Gailcia para a reforma do modelo de financiamento autonómico | Fonte: Foro Económicio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta