Colaboración público privada para innovar no sector forestal galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, participaron este luns na xornada 'Mellora xenética de coníferas. O Impulso da planta forestal de calidade', onde destacaron "a aposta" da Xunta pola colaboración público privada e pola innovación a favor do sector forestal galego.

Segundo indicou o Executivo autonómico nun comunicado, as xornadas foron na Cidade da Cultura. Alí, Chan centrou a súa intervención nas liñas de traballo actuais dentro da colaboración público-privada no ámbito forestal.

Desta forma, enmarcou esta cooperación na revisión do 'Plan Forestal de Galicia cara á neutralidade carbónica' e incidiu nos eixos estratéxicos.

Entre eles atópase a contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais; a protección, sanidade forestal e prevención e defensa contra incendios; a xestión forestal e a loita contra o abandono; os recursos forestais e a cadea monte-industria; a estatística, formación e investigación e a planificación, ordenación e gobernación.

Ante isto, Chan subliñou o convenio de colaboración en marcha entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Arume para o impulso da xestión forestal activa.

Pola súa banda, Cabarcos incidiu no apoio que presta a Xunta á innovación no agro e máis especificamente no sector forestal. Así, sinalou que para que os instrumentos e medidas que permiten garantir que o coñecemento, a formación e o asesoramento cheguen ao medio rural apóiase nas medidas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), mediante o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia.

Neste ámbito, afirmou a Xunta, impúlsanse accións de transferencia de coñecementos e información que teñen como obxectivo, entre outros, mellorar a competitividade das explotacións e facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados.

Labores de restauración hidrolóxica-forestal das zonas devastadas polos incendios deste verán na comarca de Valdeorras
Labores de restauración hidrolóxica-forestal das zonas devastadas polos incendios deste verán na comarca de Valdeorras | Fonte: CHMS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta